Armando Azua-Bustos: O lugar máis marciano da Terra

TED2017

Armando Azua-Bustos: O lugar máis marciano da Terra


Como estudar Marte sen unha nave espacial? Indo ao lugar máis marciano da Terra: o deserto de Atacama, en Chile. O astrobiólogo Armando Azua-Bustos criouse nesta vasta e árida paisaxe, e agora estuda as formas de vida que conseguiron adaptarse a sobrevivir aquí, algunhas en zonas en que non chove desde hai 400 anos. Explora as posibilidades de atopar vida en calquera outro lugar do universo sen deixar o planeta nesta rápida e divertida charla.

Mehdi Ordikhani-Seyedlar: Que ocorre no cerebro cando pos atención?

TED2017

Mehdi Ordikhani-Seyedlar: Que ocorre no cerebro cando pos atención?


A atención non está só relacionada coas cousas en que nos concentramos senón tamén co que o cerebro filtra. Investigando os padróns cerebrais que ocorren mentres as persoas intentan concentrarse, o neurocientífico computacional Mehdi Ordikhani-Seyedlar agarda achegar aínda máis o cerebro aos ordenadores e construír modelos que poidan utilizarse para tratar o TDAH (trastorno por déficit de atención e hiperactividade) e axudar a quen perdeu a capacidade de comunicarse. Escoita máis sobre esta emocionante ciencia nesta charla breve e fascinante.

Zubaida Bai: Un básico bolso natalicio para as nais do Terceiro Mundo

TED Residency

Zubaida Bai: Un básico bolso natalicio para as nais do Terceiro Mundo


Zubaida Bai, membro da comunidade TED, traballa con profesionais médicos, matronas e nais para posibilitar intervencións dignas e baratas na asistencia médica a mulleres. Nesta breve e impresionante conferencia, amosa o seu simple bolso natalicio, que contén todo o que unha muller precisa para dar a luz dun xeito hixiénico e san, sen que importe en que lugar do mundo se atope (ou como de lonxe se estea dun centro médico).

Sue Klebold: O meu fillo foi un tiroteador en Columbine. Esta é a miña historia.

TEDMED 2016

Sue Klebold: O meu fillo foi un tiroteador en Columbine. Esta é a miña historia.


Sue Klebold é a nai de Dylan Klebold, un dos dous tiroteadores que mataron a 12 estudantes e un profesor na masacre do instituto Columbine. Sue pasou anos escarvando en cada detalle da súa vida familiar, intentando comprender se puido ter feito algo para previr a violencia do seu fillo. Nesta charla difícil e dolorosa, Klebold explora a intersección entre a saúde mental e a violencia, pedíndolles a pais e profesionais que examinen a relación entre os pensamentos suicidas e os homicidas.

Chinaka Hodge: Que lles contaredes ás vosas fillas do 2016?

TEDWomen 2016

Chinaka Hodge: Que lles contaredes ás vosas fillas do 2016?


Con palabras coma fragmentos de vidro, Chinaka Hodge procede á disección do 2016; deixa que 12 meses de violencia, dor, medo, vergoña, carraxe e esperanza se derramen neste orixinal poema sobre un ano que ningún de nós olvidará facilmente.

Rebecca Brachman: Pode un fármaco previr a depresión e o estrés postraumático?

TEDxNewYork

Rebecca Brachman: Pode un fármaco previr a depresión e o estrés postraumático?


O camiño cara a un novo fármaco está empedrado con descubrimentos accidentais. Neste conto ben contado de como se produce a ciencia, a neurocientífica Rebecca Brachman comparte noticias dun tratamento innovador atopado de forma fortuíta que pode previr o desenvolvemento de trastornos mentais como a depresión ou o estrés postraumático. E agarda atento por un inesperado --e controvertido-- xiro.

Kandice Summer: Cómo a escola pública americana mantén aos nenos na pobreza.

TEDxBeaconStreet

Kandice Summer: Cómo a escola pública americana mantén aos nenos na pobreza.


Por que unha boa educación debería ser exclusiva para os nenos ricos? Nas escolas de barrios con poucos recursos o largo de EE.UU., e en especial nas comunidades de cor, existe unha falta de materiais que nas escolas con maiores ingresos son considerados como o máis básico. Entre eles atopamos instrumentos musicais, libros novos, comidas saudables e mesmo campos de fútbol; todos eles teñen unha importante repercusión no desenvolvemento do potencial dos alumnos. Kandice Summer observa esta disparidade na súa aula de Boston todos os días. Nesta inspiradora charla, pídenos que afrontemos os feitos, e que os cambiemos.

Christopher Soghoian: O teu teléfono intelixente é un asunto de dereitos civís

TEDSummit

Christopher Soghoian: O teu teléfono intelixente é un asunto de dereitos civís


O teléfono intelixente que usas reflite máis ca un gusto persoal... tamén podería determinar como de cerca podes ser rastrexado. O experto en privacidade e TED Fellow Christopher Soghoian explícanos unha notoria diferenza entre a encriptación utilizada polos dispositivos de Apple e Android, e ínstanos a prestar atención á crecente fenda de seguridade dixital. " Se os únicos que poden protexerse da mirada do goberno son os ricos e poderosos, temos un problema", di el. "Non é só un problema de ciberseguridade - é un problema de dereitos civís."

Todd Coleman: A tatuaxe temporal que trae os coidados hospitalarios á casa

TEDMED 2015

Todd Coleman: A tatuaxe temporal que trae os coidados hospitalarios á casa


E se os médicos puidesen monitorizar aos pacientes na casa co mesmo grao de precisión ca se estivesen no hospital? Todd Coleman, un innovador do ámbito da bioelectrónica, comparte a súa busca para desenvolver parches monitorizados, electrónicos, poñibles e flexibles que prometen revolucionar a asistencia sanitaria e facer a medicina menos invasiva.

John McWhorter: Catro razóns para aprender unha lingua nova

TED2016

John McWhorter: Catro razóns para aprender unha lingua nova


O inglés estase convertendo na lingua universal e a tecnoloxía de tradución automática mellora cada ano. Entón, por que molestarse en aprender unha lingua estranxeira? O lingüista e profesor de Columbia John McWhorter comparte catro atractivos beneficios de aprender unha lingua descoñecida.

Ed Boyden: Unha nova forma de estudar os segredos invisíbeis do cerebro.

TEDSummit

Ed Boyden: Unha nova forma de estudar os segredos invisíbeis do cerebro.


O neuroenxeñeiro Ed Boyden quere saber como as diminutas biomoléculas do noso cerebro xeran emocións, pensamentos e sentimentos, e quere atopar os cambios moleculares que levan a trastornos como a epilepsia e o alzhéimer. En lugar de ampliar estas estruturas invisíbeis baixo un microscopio, pregúntase: E se as ampliásemos fisicamente e as fixésemos máis doadas de ver? Descubre como os mesmos polímeros usados para inflar os cueiros dos bebés poderían ser a clave para entender mellor os nosos cerebros.

Franz Freudenthal: Unha nova forma de curar corazóns sen ciruxía

TED2016

Franz Freudenthal: Unha nova forma de curar corazóns sen ciruxía


Na intersección entre a invención médica e a cultura indíxena, o cardiólogo pediatra Franz Freudenthal remenda ocos nos corazóns de nenos de todo o mundo usando un dispositivo nacido da tecelaxe tradicional boliviana. "Os problemas máis complexos do noso tempo", di el, "poden solucionarse con técnicas sinxelas, se somos quen de soñar".

Mariano Sigman: As túas palabras poderían predicir a túa futura saúde mental

TED2016

Mariano Sigman: As túas palabras poderían predicir a túa futura saúde mental


Pode a forma en que falas e escribes hoxe predicir o teu estado mental futuro? Incluso o comezo dunha psicose? Nesta fascinante charla, o neurocientífico Mariano Sigman reflexiona acerca da Grecia clásica e as orixes da introspección para investigar como as nosas palabras amosan a nosa vida interior e explica con detalle un algoritmo de mapeamento de palabras que podería predicir o desenvolvemento da esquizofrenia. "Poderíamos ver no futuro unha forma diferente de saúde mental," di Sigman, "baseada na análise obxectiva, cuantitativa e automatizada das palabras que escribimos, das palabras que pronunciamos."

Laura Indolfi: Boas noticias na loita contra o cancro de páncreas

TED2016

Laura Indolfi: Boas noticias na loita contra o cancro de páncreas


Calquera que perdera un ser querido por cancro de páncreas, sabe ben a devastadora velocidade con que esta enfermidade pode afectar a unha persoa sa. Laura Indolfi, emprendedora en biomedicina e membro de TED, está desenvolvendo un método revolucionario para tratar esta complexa e letal enfermidade: un dispositivo dispensador de fármacos que actúa coma unha gaiola sobre o tumor, evitando a súa propagación e liberando o medicamento só onde é necesario. Como di ela: "Esperamos que algún día o cancro de páncreas sexa unha enfermidade curábel".

Uri Hasson: Este é o teu cerebro en comunicación

TED2016

Uri Hasson: Este é o teu cerebro en comunicación


O neurocientífico Uri Hasson investiga as bases da comunicación humana, e os experimentos do seu laboratorio revelan que mesmo desde distintos idiomas, os nosos cerebros amosan unha actividade similar, ou "alíñanse", cando escoitamos a mesma idea ou o mesmo relato. Este sorprendente mecanismo neural permítenos transmitir padróns cerebrais, compartir recordos e coñecemento. "Podemos comunicarnos porque temos un código común que representa o significado", afirma Hasson.

Chris Anderson: O segredo do TED para un gran discurso

TED Studio

Chris Anderson: O segredo do TED para un gran discurso


Non hai unha fórmula única para unha gran charla, pero todas as mellores teñen en común un ingrediente secreto. Chris Anderson comparte este segredo, xunto con catro xeitos de facer que che funcione. Tes o que hai que ter para compartir unha idea que pague a pena difundir?

Adam Grant: Os hábitos sorprendentes dos pensadores orixinais

TED2016

Adam Grant: Os hábitos sorprendentes dos pensadores orixinais


Como se lles ocorren as grandes ideas ás persoas creativas? O psicólogo organizacional Adam Grant estuda aos "orixinais": pensadores que soñan ideas novas e pasan á acción para traelas ao mundo. A través desta charla coñeceremos tres hábitos inesperados dos orixinais --entre os que se inclúe aceptar o fracaso. "Os grandes orixinais son os que máis fallan, porque son os que máis o intentan," di Grant. "Son necesarias moitas malas ideas para obter unhas poucas boas."

Danielle Feinberg: O ingrediente máxico que lle da vida ás películas de Pixar

TED Talks Live

Danielle Feinberg: O ingrediente máxico que lle da vida ás películas de Pixar


Danielle Feinberg, directora de fotografía de Pixar, crea historias con alma usando as matemáticas, a ciencia e a codificación. Tralas esceas de Buscando a Nemo, Toy Story, Brave,Wall-E e moitas outras, descóbrese como Pixar entrelaza arte e ciencia para crear mundos fantásticos nos que as cousas que imaxinas poden facerse realidad. Esta conferencia TED vén do especia de PBS"TED Talks: ciencia e asombro

Mileha Soneji: Trucos simples para a vida con párkinson

TEDxDelft

Mileha Soneji: Trucos simples para a vida con párkinson


As solucións simples son a miúdo as mellores, incluso cando hai que tratar con algo tan complicado coma o párkinson. Nesta charla inspiradora, Mileha Soneji describe deseños accesibles que fan máis doadas as tarefas cotiás de quen vive co párkinson. "A tecnoloxía non o é sempre a resposta", di ela. "O que precisamos son solucións centradas no ser humano".

Russ Altman: Que ocorre cando mesturamos medicamentos?

TEDMED 2015

Russ Altman: Que ocorre cando mesturamos medicamentos?


Se tomamos dous medicamentos distintos por motivos diferentes, hai algo no que deberíamos pensar seriamente: o noso médico pode non entender ben o que acontece coa combinación, dado que as interaccións entre medicamentos son dificilísimas de estudar. Nesta charla, fascinante e divulgativa, Russ Altman móstranos como estudan os médicos as interaccións inesperadas servíndose dun recurso sorprendente: as buscas por internet.

Celeste Headlee: 10 maneiras de ter unha conversación mellor

TEDxCreativeCoast

Celeste Headlee: 10 maneiras de ter unha conversación mellor


Cando o seu traballo depende do ben que fale coa xente, aprende moito a como manter conversacións -e que a maioría de nós non conversamos moi ben. Celeste Headlee traballou de presentadora de radio durante décadas e coñece os ingredientes dunha boa conversación: honestidade, concisión, claridade e unha boa dose de escoita. Nesta iluminadora charla, comparte 10 regras útiles para ter mellores conversacións. "Saia, fale coa xente, escoite á xente", di ela. "E, o máis importante, prepárese para marabillarse”.

Jocelyne Bloch: Pode que o cerebro sexa quen de repararse a si mesmo... con axuda.

TEDGlobal>Geneva

Jocelyne Bloch: Pode que o cerebro sexa quen de repararse a si mesmo... con axuda.


A través do tratamento de todo tipo de lesións, desde as provocadas por embolias cerebrais ata as causadas por accidentes de automóbil, a neurocirurxiá Jocelyne Bloch coñece moi ben a incapacidade do cerebro para repararse a si mesmo. Pero agora, ela suxire que, xunto cos seus colegas, quizais atoparon a clave da neurorreparación: as células positivas á doblecortina. Parecidas ás células nai, son extremadamente adaptables e, cando se extraen do cerebro, se cultivan e se reimplantan nunha área lesionada do mesmo cerebro, poden axudar a reparalo e reconstruílo. "Cunha pouca axuda", afirma Bloch, "o cerebro podería ser capaz de repararse a si mesmo".

Dorothy Roberts: O problema da medicina baseada na raza

TEDMED 2015

Dorothy Roberts: O problema da medicina baseada na raza


A defensora da xustiza social e experta en Dereito Dorothy Roberts ten unha mensaxe concreta e ben poderosa: a medicina baseada na raza é mala praxe. Mesmo nos nosos días, moitos profesionais da medicina utilizan a raza como atallo; fan importantes escollas sobre cousas como tolerancia á dor baseándose na cor da pel no cando de basearse nas observacións e medicións técnicas. Nesta apaixonante charla, Roberts descóbrenos os vestixios da medicina baseada na raza -- e invítanos a formar parte do seu fin. "É urxente abandonar dunha vez por todas este legado retrógrado", di, "e afirmar a nosa humanidade común poñendo fin ás inxustizas sociais que verdadeiramente nos dividen."

Pardis Sabeti: Como loitar contra o próximo virus mortal

TEDWomen 2015

Pardis Sabeti: Como loitar contra o próximo virus mortal


Cando o ébola irrompeu en marzo de 2014, Pardis Sabeti e o seu equipo puxéronse a traballar secuenciando o xenoma do virus, aprendendo como mutaba e se espallaba. Sabeti liberou decontado a súa investigación na rede, para que os rastrexadores de virus e científicos de todo o mundo puideran unirse nunha loita urxente. Nesta charla, amosa como a cooperación aberta foi clave para deter o virus... e para atacar o próximo que chegue. "Tivemos que traballar de xeito aberto, tivemos que compartir e tivemos que traballar xuntos", di Sabeti. "Non deixemos que o mundo se defina pola destrución provocada por un virus senón pola luz de miles de millóns de corazóns e mentes traballando ao unísono."

Judson Brewer: Un xeito simple de vencer un mal hábito

TEDMED 2015

Judson Brewer: Un xeito simple de vencer un mal hábito


Podemos vencer malos hábitos tendo máis curiosidade arredor deles? O psiquiatra Judson Brewer estuda a relación entre consciencia e adicción --desde fumar a comer de máis ou a calquera das outras cousas que facemos aínda sabendo que son malas para nós. Aprende máis sobre a mecánica de desenvolvemento de hábitos, e descubre unha táctica simple pero profunda que pode axudarche a vencer a próxima vez que teñas a necesidade urxente de fumar, picar entre horas ou revisar un texto mentres conduces.

Tania Simoncelli: Como desafiamos á industria das patentes xenéticas... e gañamos

TEDxAmoskeagMillyard

Tania Simoncelli: Como desafiamos á industria das patentes xenéticas... e gañamos


Son patentábeis os xenes humanos? No 2005, cando Tania Simoncelli pensou por primeira vez nesta revirada cuestión, a lei de patentes estadounidense contestoulle afirmativamente, o que significaba que os titulares das patentes tiñan o dereito de impedir que alguén determinase a secuencia, probase ou mesmo ollase xenes patentados. Molesta por como esta lei prexudicaba ós pacientes e lle puña trabas á innovación biomédica, Simoncelli e os seus compañeiros do ACLU enfrontáronse a iso. Esta fascinante conferencia fala de como arrostraron un caso que todo o mundo daba por perdido e que chegou ata a Corte Suprema dos Estados Unidos.

Yanis Varoufakis: O capitalismo comerá a democracia... a non ser que falemos claro

TEDGlobal>Geneva

Yanis Varoufakis: O capitalismo comerá a democracia... a non ser que falemos claro


¿Preguntácheste algunha vez por que os políticos xa non son como adoitaban ser?, ¿por qué os gobernos parecen incapaces de resolver problemas reais? O economista Yanis Varoufakis, ex-ministro de Finanzas de Grecia, di que é porque hoxe pódese estar na política sen estar no poder, porque o poder real pertence aos que controlan a economía. Cre que os mega ricos e as grandes empresas están canibalizando a esfera política, provocando crises financeiras. Nesta charla, escoita o seu soño dun mundo en que o capital e a man de obra xa non loitan uns contra outros, "un que sexa ao mesmo tempo liberal, marxista e keynesiano".

Oscar Schawartz: Pode un ordenador escribir poesía?

TEDxYouth@Sydney

Oscar Schawartz: Pode un ordenador escribir poesía?


Se les un poema e te sintes conmovido por él, pero logo descubres que en realidade foi escrito por un ordenador, sentiríaste de distinta maneira ante a experiencia? Pensarías que o ordenador se expresou por sí mesmo e foi creativo, ou sentiríaste enganado por un sucio truco? Nesta charla, o escritor Oscar Schwartz examina porqué reaccionamos tan contundentemente á idea dun ordenador escribindo poesía-- e como esta reacción nos axuda a entender que significa ser humano.

James Veitch: Isto é o que ocorre cando respondes un correo lixo

TEDGlobal>Geneva

James Veitch: Isto é o que ocorre cando respondes un correo lixo


Correos electrónicos sospeitosos: bonos de seguros sen reclamar, caixas fortes con diamantes incrustados, amigos próximos illados nun país estranxeiro. Xorden nas nosas caixas de entrada e o procedemento estándar é eliminalos nada máis velos. Pero que ocorre cando respondes? Sigue o escritor e comediante James Veitch na narración dun divertido intercambio de varias semanas cun remitente de correo lixo que lle propuxo compartir un súper negocio.