TED Talks with Galician transcript

Andrew Bird, o home orquestra da imaxinación

TED2010

Andrew Bird, o home orquestra da imaxinación
1,429,132 views

O innovador musical Andrew Bird xunta o súa característica técnica de violín con xilófonos, voces e a sofisticación electrónica do looping. Aprobeita a súa inusual habilidade para facer música e transformarse nun home orquestra.

Patrick Chappatte: O poder das viñetas.

TEDGlobal 2010

Patrick Chappatte: O poder das viñetas.
893,869 views

Cunha serie de inxeniosos chistes, Patrick Chappatte plantexa de forma conmovedora o poder dunha simple caricatura. Os seus proxectos no Líbano, no oeste de África e en Gaza mostran como, en boas mans, o lápis pode iluminar os temas máis serios e xuntar á xente máis dispar.

Lisa Margonelli: a química política do petróleo.

TEDxOilSpill

Lisa Margonelli: a química política do petróleo.
581,463 views

Despois do derramamento de petróleo no Golfo de México, Lisa Margonelli afirma que as moratorias en perforacións e as expulsións de executivos supoñen bos xestos teatrais, pero distraen a atención da cerna do asunto: o noso consumo ilimitado de petróleo. Ela comparte o seu ousado plan para desenganchar os Estados Unidos do petróleo, enfrontando ós consumidores co seu custo real.

Hans Rosling fala do crecemento mundial da poboación

TED@Cannes

Hans Rosling fala do crecemento mundial da poboación
3,914,736 views

A poboación mundial vai crecer ata os 9 mil millóns de persoas nos próximos 50 anos e só aumentando os niveis de vida dos máis pobres poderemos soportar este crecemento poboacional. Esta é a resposta paradóxica que Hans Rosling desvelou no TED@Cannes usando unha nova e colorida "tecnoloxía" para mostrar os datos (Xa o verás)

Ellen Gustafson: Obesidade + Fame = 1 problema alimentario global

TEDxEast

Ellen Gustafson: Obesidade + Fame = 1 problema alimentario global
779,743 views

Cocreadora das bolsas FEED filantrópicas, Ellen Gustafson di que a fame e a obesidade son dúas caras da mesma moeda. En TEDxEast lanza The 30 Project, un xeito de cambiar a forma en que cultivamos e comemos nos 30 anos vindeiros, e de resolver as desigualdades alimentarias mundiais que están detrás de ambas as epidemias.

Aditi Shankardass: Unha segunda opinión sobre os trastornos de aprendizaxe.

TEDIndia 2009

Aditi Shankardass: Unha segunda opinión sobre os trastornos de aprendizaxe.
1,062,056 views

Normalmente, os trastornos de desenvolvemento nos nenos son diagnosticados mediante a observación do seu comportamento. Aditi Shankardass soubo que deberiamos observar directamente nos seus cerebros e explica como o sorprendente aparello EEG do seu laboratorio revelou erros nos diagnósticos, transformando así a vida dos nenos.

Sir Ken Robinson: abran paso á revolución educativa!

TED2010

Sir Ken Robinson: abran paso á revolución educativa!
9,209,583 views

Nesta conmovedora e divertida continuación da súa afamada disertación do ano 2006, Sir Ken Robinson defende un cambio radical de escolas estandarizadas cara á educación personalizada: a creación de condicións nas que as aptitudes naturais dos nenos podan medrar.

Jeremy Jackson: Como destruímos o océano.

Mission Blue Voyage

Jeremy Jackson: Como destruímos o océano.
827,500 views

Nesta charla o ecólogo de arrecifes de coral Jeremy Jackson, establece o estado de choque actual do océano: sobrepesca, aquecemento, polución, con indicadores de que as cousas van ir moito peor. Abraiantes fotos e estatísticas.

James Randi: Homeopatía, curandeirismo e estafa

TED2007

James Randi: Homeopatía, curandeirismo e estafa
4,807,818 views

O lendario escéptico James Randi toma no escenario unha dose letal de pastillas homeopáticas para durmir. Desta maneira, comeza unha crítica mordaz de 18 minutos ás crenzas irracionais. Proponlle un desafío a todos os médiums do mundo: demostra que o que fas é real e douche un millón de dólares. (Aínda non se atreveu ningún).

Adora Svitak: O que os adultos poden aprender dos nenos

TED2010

Adora Svitak: O que os adultos poden aprender dos nenos
6,022,458 views

A nena prodixio Adora Svitak di que o mundo precisa ideas "infantís": ideas simples, creatividade aloucada e especialmente optimismo. Di que os grandes soños dos nenos merecen grandes expectativas, comezando coa vontade dos adultos de aprender dos nenos tanto coma de ensinarlles.

Robert Gupta: A música é medicina, a música é cordura

TED2010

Robert Gupta: A música é medicina, a música é cordura
1,333,855 views

Robert Gupta, violinista da Orquestra Filarmónica de Los Ángeles, fala dunha lección que unha vez deu a un brillante músico esquizofrénico -- e do que el aprendeu. Máis tarde volve ao escenario para tocar a súa transcrición para o violín do Preludio de Bach para Chelo Suite Nº 1.

Jamie Oliver: Educar sobre a alimentación a tódolos nenos

TED2010

Jamie Oliver: Educar sobre a alimentación a tódolos nenos
9,428,806 views

O gañador do Premio TED, Jamie Oliver, tenta combater a nosa ignorancia sobre a alimentación compartindo connosco historias e testemuños reais recollidos no marco do seu proxecto contra a obesidade, desenvolvido na cidade de Huntington (Virxinia Occidental).

David Agus: Unha nova estratexia na guerra contra o cancro

TEDMED 2009

David Agus: Unha nova estratexia na guerra contra o cancro
830,903 views

Ata agora, segundo explica David Agus, o tratamento do cancro centrábase de xeito un tanto miope nas células agresivas individualmente. El propón un novo enfoque interdisciplinar, no que o uso de certos medicamentos inusuais, os modelos informáticos e a análise de proteínas nos permitirán tratar e analizar o corpo humano como un todo.

Jane Chen: Unha cálida aperta que salva vidas

TEDIndia 2009

Jane Chen: Unha cálida aperta que salva vidas
874,886 views

Nos países en vías de desenvolvemento, o acceso ás incubadoras é limitado debido ao seu custo e á distancia ao lugar onde se atopan, o que supón a morte de millóns de bebés prematuros cada ano. Jane Chen, membro destacado de TED (fellow), amósanos un invento que podería manter quentes a millóns destes bebés mediante un deseño que é seguro, portable, de baixo custo e salva vidas.

Bill Davenhall: A súa saúde depende de onde vostede vive

TEDMED 2009

Bill Davenhall: A súa saúde depende de onde vostede vive
940,322 views

O lugar onde vostede vive impacta na súa saúde tanto coma o fan a dieta e os xenes, pero non é parte do seu expediente médico. No TEDMED, Bill Davenhall amosa como os xeo-datos gobernamentais examinados (dende os índices dos ataques ao corazón locais ata a información dos vertedoiros tóxicos) pódense combinar coas aplicacións GPS móbiles para manter aos médicos ao día. Chamémolo "xeomedicina".

Dan Buettner: Como vivir para chegar ós 100 anos

TEDxTC

Dan Buettner: Como vivir para chegar ós 100 anos
4,070,934 views

Para atopar o camiño para unha vida longa e saudable, Dan Buettner e o seu equipo estudaron as "zonas azuis" no mundo, as comunidades nas que os anciáns viven con gran forza e vigor ata unha idade récord. En TEDxTC comenta os 9 hábitos máis comúns na dieta e estilo de vida que os manteñen en plena actividade máis alá dos 100 anos.

V.S. Ramachandran: As neuronas que formaron a civilización

TEDIndia 2009

V.S. Ramachandran: As neuronas que formaron a civilización
2,250,451 views

O neurocientífico Vilayanur Ramachandran bosquexa as fascinantes funcións das neuronas espello. Recentemente descubertas, estas neuronas permítennos aprender conductas sociais complexas, algunhas das cales son os alicerces da civilización humana tal e como a coñecemos.

Itay Talgam: Lidera como os grandes directores

TEDGlobal 2009

Itay Talgam: Lidera como os grandes directores
3,574,454 views

Un director de orquestra enfronta o reto definitivo do liderado: crear unha harmonía perfecta sen pronunciar unha palabra. Nesta engaiolante charla, Itay Talgam demostra os peculiares estilos de seis grandes directores do século XX para ilustrar leccións cruciais para todos os líderes.

Chimamanda Adichie: O perigo dunha única historia

TEDGlobal 2009

Chimamanda Adichie: O perigo dunha única historia
21,248,547 views

As nosas vidas e culturas están compostas por moitas historias superpostas. A novelista Chimamanda Adichie cóntanos a historia de cómo atopou a súa auténtica voz cultural e advirte que se só escoitamos unha única historia sobre outra persoa ou país arriscámonos a un malentendido.

Oliver Sacks: Que revelan as alucinacións sobre as nosas mentes?

TED2009

Oliver Sacks: Que revelan as alucinacións sobre as nosas mentes?
8,482,258 views

O neurólogo e escritor Oliver Sacks chámanos a atención sobre a síndrome de Charles Bonnet, condición en que os pacientes con dificultades visuais experimentan alucinacións lúcidas. El describe as experiencias dos seus pacientes con detalles conmovedores e guíanos a través da bioloxía deste fenómeno pouco descrito.

Cary Fowler: Unha semente de cada vez, para protexer o futuro da comida

TEDGlobal 2009

Cary Fowler: Unha semente de cada vez, para protexer o futuro da comida
831,500 views

As variedades de trigo, millo e arroz que medran na actualidade poden non prosperar nun futuro ameazado polo cambio climático. Cary Fowler introdúcenos nun gran banco de sementes mundial, soterrado debaixo dunha montaña xeada en Noruega, que almacena un grupo diverso de cultivos alimentarios polo que nos poida traer o futuro.

Gordon Brown: interconectando unha rede pra o ben global

TEDGlobal 2009

Gordon Brown: interconectando unha rede pra o ben global
1,004,492 views

Estamos nun intre único na historia, dí o Primer ministro do Reino Unido Gordon Brown:podemos usar a interconectividade de hoxe pra desenvolver unha ética global compartida e traballar xuntos pra enfrentarnos ós retos da pobreza, a seguridade, o cambio climático e a economía.

Jim Fallon: Explorando a mente dun asasino

TED2009

Jim Fallon: Explorando a mente dun asasino
2,772,955 views

Os asasinos psicópatas inspiraron algúns famosos programas de televisión, pero que é o que realmente os move a actuar? O neurocientífico Jim Fallon fala dos escáneres cerebrais e das análises xenéticas como medio para descubrir a sinistra orixe da natureza (e desenvolvemento) dos asasinos. Facendo un xiro demasiado estraño ata para a ficción, Fallon desvela unha fascinante historia familiar que fai que converte o seu traballo en arrepiantemente persoal.

Catherine Mohr: Pasado, presente e futuro da cirurxía robotizada

TED2009

Catherine Mohr: Pasado, presente e futuro da cirurxía robotizada
823,312 views

Catherine Mohr, cirurxiá e inventora, repasa a historia da cirurxía e especialmente o seu pasado, previo ao descubrimento dos analxésicos e os antisépticos. Tamén amosa parte do instrumental cirúrxico máis innovador, empregado por destras mans robotizadas para operar a través de pequenos cortes. Fascinante, pero non apto para os máis aprensivos.

Jay Walker e a anglomanía no mundo

TED2009

Jay Walker e a anglomanía no mundo
4,750,949 views

Jay Walker explica por que dous mil millóns de persoas están a aprender inglés no mundo. Comparte fotografías e un audio arrepiante de miles de estudantes chineses repasando/ensaiando inglés ("a segunda lingua do mundo")

Dan Ariely: Controlamos as nosas propias decisións?

EG 2008

Dan Ariely: Controlamos as nosas propias decisións?
6,706,559 views

O economista condutual Dan Ariely, autor de *Prediciblemente irracional*, emprega ilusións visuais clásicas, e as súas propias achegas científicas contraintuitivas (e por veces sorprendentes), para amosar que non somos tan racionais como pensamos á hora de tomar decisións.