TED Talks with Galician transcript

Tashka e Laura Yawanawá: O Amazonas perténcelle á humanidade, protexámolo xuntos

We the Future

Tashka e Laura Yawanawá: O Amazonas perténcelle á humanidade, protexámolo xuntos
139,417 views
No Video

Tashka e Laura Yawanawá lideran o pobo Yawanawá en Acre, Brasil, a tribo que administra case 500.000 acres de selva amazónica. Mentres as gravacións do Amazonas ardendo sacuden a conciencia do mundo, Tashka e Laura pídennos transformar este momento nunha oportunidade para apoiar á poboación indíxena que ten a experiencia, o coñecemento e os recursos necesarios para protexer a terra.

Luisa Neubauer: Por que debes converterte en activista do clima

TEDxYouth@München

Luisa Neubauer: Por que debes converterte en activista do clima
1,868,185 views

"Soño cun mundo no que nas clases de xeografía ensinan que a crise climática foi ese gran desafío que superaron persoas coma vós e coma min". di a activista do clima Luisa Neubauer. Xunto con Greta Thunberg, Neubauer axudou a pór en marcha os "Venres polo Futuro", o transcendental movemento de folga escolar contra a inacción fronte á crise climática. Expón catro primeiros pasos que calquera, independentemente da súa idade, pode dar para converterse nun activista do clima. "Esta non é unha tarefa para unha soa xeración. É unha tarefa para a humanidade", di.

Sara Botto: Cando comezan a importarlles aos nenos as opinións dos máis?

TEDxAtlanta

Sara Botto: Cando comezan a importarlles aos nenos as opinións dos máis?
570,031 views

A partir da súa investigación sobre o desenvolvemento da primeira infancia, a psicóloga Sara Valencia Botto investiga cando (e como) os nenos comezan a cambiar as súas condutas ante a presenza doutros, e explora o que iso significa para os valores que comunicamos nas interaccións diarias. (Atentos ás graciosas imaxes dos pícaros.)

Britt Wray: Como afecta o cambio climático á túa saúde mental

TED Residency

Britt Wray: Como afecta o cambio climático á túa saúde mental
1,885,604 views

"Con todo o que se leva dito sobre o cambio climático, aínda non oímos abondo sobre os impactos psicolóxicos de vivir nun mundo que está a quecer", afirma a divulgadora científica Britt Wray. Nesta rápida charla, explora como o cambio climático está a ameazar o noso benestar - mental, social e espiritual - e ofrece un punto de partida sobre o que podemos facer ao respecto.

Nanfu Wang: Como foi medrar baixo a política do fillo único na China

TED2019

Nanfu Wang: Como foi medrar baixo a política do fillo único na China
2,722,175 views

A política do fillo único da China finalizou no 2015, pero só estamos comezando a entender como era vivir baixo o programa, afirma a membro TED e autora de documentais Nanfu Wang. Con imaxes da súa película "One Child Nation" (A nación do fillo único), comparte historias inéditas que revelan as complexas consecuencias desa política e sacan á luz o poder sixiloso da propaganda.

Brandon Clifford: Os segredos arquitectónicos das marabillas do mundo antigo

TED2019

Brandon Clifford: Os segredos arquitectónicos das marabillas do mundo antigo
642,791 views

Como movían as civilizacións antigas pedras enormes para construir Stonhenge, as pirámides a as estatuas da Illa de Pascua? Nesta agradable charla breve, o conferenciante de TED Brandon Clifford revela os segredos arquitectónicos do pasado e mostra como podemos usar esas inxeniosas técnicas para construir no futuro. "Nunha era onde diseñamos edificios para que duren 30, quizáis 60 anos" di, "encantaríame aprender a crear algo que se puidese admirar eternamente."

Muhammed Idris: O que os refuxiados precisan para comezar unha nova vida

TED Residency

Muhammed Idris: O que os refuxiados precisan para comezar unha nova vida
1,667,978 views

Cada minuto, hai 20 novos desprazadas pola mudanza climática, crises económicas e inestabilidade política, segundo o ACNUR. Como podemos axudalos a vencer as barreiras para comezar unha nova vida? O residente de TED Muhammed Idris lidera un equipo de tecnólogos, investigadores e refuxiados para crear Atar, o primeiro avogado baseado en IA que os guía durante o reasentamento, e axúdaos a recuperar os seus dereitos e a súa dignidade. "Obter acceso aos bos recursos e información pode ser a diferenza entre a vida e a morte." di Idrid.

Jeanne Pinder: Que pasaría se os custos sanitarios nos EUA fosen transparentes?

TED Residency

Jeanne Pinder: Que pasaría se os custos sanitarios nos EUA fosen transparentes?
1,875,298 views

Nos EUA a mesma análise de sangue pode custar 19 dólares nunha clínica e 522 noutra clínica próxima, e ninguén sabe desta diferenza até que semanas máis tarde recibe a factura. A xornalista Jeanne Pinder di que isto non debería ser así. Construíu unha plataforma que compara os verdadeiros custos dos procedementos médicos e fai pública esta información, amosando os segredos dos prezos dos servizos sanitarios. Saber canto custan con antelación as cousas pode facernos estar máis sans, aforrar diñeiro e, á vez, axudar a reconstruír un sistema roto.

Priyanka Jain: Como facer que a solicitude de emprego sexa menos dolorosa

The Way We Work

Priyanka Jain: Como facer que a solicitude de emprego sexa menos dolorosa
548,985 views

Atopar un traballo adoitaba comezar coa presentación do teu currículum a un millón de anuncios e nunca volver saber da maioría deles. Pero cada vez son máis as empresas que usan métodos de tecnoloxía avanzada para identificar os candidatos. Se a IA é o futuro da contratación, que significa isto para ti? A tecnóloga Priyanka Jain dá unha ollada a esta nova paisaxe de contratación.

Julian Burschka: Que pode dicir o teu alento da túa saúde

TED@Merck KGaA, Darmstadt, Germany

Julian Burschka: Que pode dicir o teu alento da túa saúde
2,091,356 views

Non hai mellor forma de deter unha enfermidade que collela e tratala a tempo, antes de que aparezan os síntomas. Esa é a idea principal de probas médicas como a radiografía, as resonancias magnéticas e as análises de sangue. Pero hai un medio con potencial subestimado para as análises médicas: o teu alento. O tecnólogo Julian Burschka comparte os últimos avances na ciencia da análise do alento --o rastrexo dos compostos orgánicos volátiles no teu alento exhalado-- e como podería utilizarse como una ferramenta poderosa á hora de detectar, predicir e, finalmente, previr unha enfermidade.

Matt Mullenweg: Por que o teletraballo é bo para os negocios?

The Way We Work

Matt Mullenweg: Por que o teletraballo é bo para os negocios?
1,695,457 views

Como a popularidade do teletraballo segue estendéndose, os traballadores de hoxe poden colaborar en cidades, países e incluso varias zonas horarias. Como cambia isto a dinámica de oficina? E como podemos asegurarnos de que todos os empregados, tanto na sede como na casa, se sintan conectados? Matt Mullenweg, cofundador de Wordpress e conselleiro delegado de Automattic (que conta cun 100 por cen de teletraballadores), comparte os seus segredos.

Wendy De La Rosa: 3 trucos psicolóxicos para axudarche a aforrar cartos

The Way We Work

Wendy De La Rosa: 3 trucos psicolóxicos para axudarche a aforrar cartos
1,969,849 views

Todos queremos aforrar máis, pero, en xeral, hoxe a xente está a facelo cada vez menos. A científica do comportamento Wendy De La Rosa estuda como as persoas comúns toman decisións para mellorar o seu benestar financeiro. O que atopou pode axudarche a facer indoloro o compromiso de aforrar máis e gastar menos.

Lýdia Machová: Os segredos de aprender unha nova lingua

TED Salon Brightline Initiative

Lýdia Machová: Os segredos de aprender unha nova lingua
7,231,347 views

Queres aprender una lingua nova pero ponche medo ou non tes claro por onde comezar? Lýdia Machová afirma que non se precisa un talento especial nin un "xene para os idiomas". Nunha charla alentadora e inspiradora, descobre os segredos dos políglotas (persoas que falan moitas linguas) e comparte catro principios para axudarche a desbloquear o teu talento oculto para as linguas --e pasalo ben mentres o fas.

Alexander Belcredi: Como un virus xa esquecido nos pode axudar a pór fin á crise dos antibióticos

TED@BCG Toronto

Alexander Belcredi: Como un virus xa esquecido nos pode axudar a pór fin á crise dos antibióticos
1,510,048 views

Os virus teñen unha mala reputación, pero algúns deles poderían salvarche a vida algún día, di o emprendedor en biotecnoloxía Alexander Belcredi. Nesta fascinante charla, preséntanos os fagos, uns virus naturais que cazan e matan bacterias daniñas con altísima precisión, e móstranos como estes organismos, antes esquecidos, poderían achegar novas esperanzas na loita contra a crecente ameaza das bacterias resistentes ós antibióticos.

Matt Russo: Como soa o universo? Unha xira musical

TEDxUofT

Matt Russo: Como soa o universo? Unha xira musical
1,688,064 views

É de verdade o espazo exterior o sitio silencioso e inerte que a miúdo imaxinamos? Quizais non. O astrofísico e músico Matt Russo lévanos nunha viaxe a través do cosmos, descubrindo os ritmos ocultos e as harmonías das órbitas planetarias. O universo está cheo de música, di, só temos que aprender a escoitala.

Christoph Niemann: Coñecemos ben esta lingua (e nin nos decatamos)

TED2018

Christoph Niemann: Coñecemos ben esta lingua (e nin nos decatamos)
2,685,775 views

Segundo o ilustrador Christoph Niemann, manexámonos con fluidez, sen nos decatar, na lingua das imaxes . Nunha agradable charla, apoiada na presentación dunha morea de enxeñosos e fantásticos debuxos, emprenderemos con Niemann un hilarante percorrido visual que nos amosará como conectan os artistas coas nosas emocións e a nosa mente sen necesidade de usar as palabras

Pratik Shah: Como facilita a intelixencia artificial o diagnóstico de enfermidades

TEDGlobal 2017

Pratik Shah: Como facilita a intelixencia artificial o diagnóstico de enfermidades
1,571,835 views

Hoxe en día os algoritmos de intelixencia artificial (IA) necesitan decenas de miles de custosas imaxes médicas para detectar unha doenza nun paciente. E se puidésemos reducir de forma drástica a cantidade de datos requiridos para adestrar un sistema de IA, facendo así posibles diagnósticos de baixo custo e máis eficientes? Pratik Shah, membro TED, está a traballar nun enxeñoso sistema para facer exactamente iso. Cun enfoque de IA pouco convencional, Shah creou unha tecnoloxía que só necesita 50 imaxes para desenvolver un algoritmo que funcione --mesmo con fotografías tomadas polo propio médico co seu móbil-- para obter un diagnóstico. Descubre máis sobre como esta nova maneira de analizar a información médica podería facer posible a detección máis temperá de enfermidades potencialmente mortais e estender o diagnóstico asistido por IA a moitos lugares do mundo.

Mikhail Zygar: Como sería a Revolución Rusa nas redes sociais

TED2018

Mikhail Zygar: Como sería a Revolución Rusa nas redes sociais
1,432,185 views

A historia escríbena os vencedores, como adoita dicirse, pero como sería se a escribísemos entre todos? Mikhail Zygar, xornalista e membro TED, ten a misión de amosárnolo co seu Project1917, "unha rede social para mortos" que publica os diarios e cartas auténticos de máis de 3.000 persoas que viviron durante a Revolución Rusa. Ao mostrarnos os pensamentos cotiáns de persoas como Lenin, Trotsky e moitas outras figuras menos coñecidas, o proxecto bota luz sobre a historia tal e como foi, e como puido ser. Descubre máis sobre esta nova narración dixital do pasado e sobre o último proxecto de Zygar sobre o transformador ano 1968.

Dina Katabi: Un novo método de controlar os sinais vitais (que pode ver a través das paredes).

TED2018

Dina Katabi: Un novo método de controlar os sinais vitais (que pode ver a través das paredes).
1,513,020 views

No MIT, Dina Katabi e o seu equipo traballan nun novidoso e audaz modo de controlar os sinais vitais dos pacientes nun hospital (ou incluso na casa) sen avultados e ruidosos aparellos ou poñíbeis. E ademais: pode ver a través das paredes. Nunha charla e unha demostración demoledoras, Katabi amosa un sistema que captura as reflexións dos sinais sen fíos mentres rebota na xente, creando un rexistro fiábel das constantes para os traballadores sanitarios e os pacientes. Nunha breve rolda de preguntas coa moderadora TED Helen Walters, Katabi explica as salvagardas postas en marcha para evitar que esta tecnoloxía sexa usada para controlar a alguén sen o seu consentimento.

Dan Gibson: Como construír ADN sintético e envialo a través de internet.

TED2018

Dan Gibson: Como construír ADN sintético e envialo a través de internet.
1,461,746 views

O biólogo Dan Gibson edita e programa ADN da mesma maneira que un programador programa unha computadora. Pero o "código" que el escribe xera vida, dándolles aos científicos o poder de converter información dixital en material biolóxico, como proteínas e vacinas. Neste momento, Gibson dedica a súa atención ao "teletransporte biolóxico", un proxecto que promete enviar novos medicamentos ao outro lado do mundo a través de Internet. Aprendamos sobre esta tecnoloxía que podería mudar a nosa forma de actuar ante o brote dunha enfermidade, e permitirnos descargar receitas de medicamentos personalizados nos nosos fogares.

Travis Rieder: A agonía da abstinencia aos opioides, e o que os médicos nos deberían contar.

TEDxMidAtlantic

Travis Rieder: A agonía da abstinencia aos opioides, e o que os médicos nos deberían contar.
2,438,348 views

Nos Estados Unidos atópase o cinco por cento da poboación mundial pero consume case o setenta por cento da producción de opioides total. América sofre unha epidemia que provoca deceas de miles de mortes cada ano. Cómo chegamos a este punto, e qué podemos facer? Nesta charla chea de experiencias persoais, Travis Rieder rememora a dolorosa, con frecuencia silenciada, loita contra a síndrome de abstinencia e expón cómo os médicos, que rápidamente prescriben (máis do necesario) opioides, non se atopan preparados para a súa deshabituación.

Essam Daod: Como lles podemos proporcionar apoio psicolóxico ás persoas refuxiadas

TED2018

Essam Daod: Como lles podemos proporcionar apoio psicolóxico ás persoas refuxiadas
1,402,709 views

A crise migratoria mundial supón unha catástrofe en termos de saúde mental que está a deixar a milleiros de persoas sen o apoio psicolóxico que precisan para superaren os traumas que lles ocasionan os desprazamentos e os conflitos. A fin de emendar ese dano, o psiquiatra infantil e membro de TED Essam Daod vén traballando nos campos, nos barcos de rescate e nas costas de Grecia e do mar Mediterráneo para axudar os refuxiados (un cuarto dos cales son cativos) a redefinir as súas experiencias por medio de intervencións psicolóxicas curtas que deixan unha fonda pegada. "Todos podemos facer algo para evitar esta catástrofe de saúde mental.", afirma Daod. "Temos que aceptar que non só o corpo precisa de primeiros auxilios, senón tamén a mente, a alma".

Jakob Magolan: Curso acelerado de química orgánica

TEDxUIdaho

Jakob Magolan: Curso acelerado de química orgánica
1,721,204 views

Jakob Magolan está aquí para cambiar a vosa percepción da química orgánica. Nunha charla moi accesible chea de gráficos sorprendentes, apréndenos os fundamentos, ao tempo que desbarata o estereotipo de que a química orgánica é algo ao que lle hai que ter medo.

Anushka Naiknaware: O invento dunha científica adolescente que axuda a curar feridas

TEDWomen 2017

Anushka Naiknaware: O invento dunha científica adolescente que axuda a curar feridas
1,515,816 views

Anushka Naiknaware deseñou, traballando no seu garaxe, un sensor que monitoriza o proceso de curación das feridas, e converteuse --con 13 anos-- na gañadora máis nova da Feira da Ciencia de Google. A súa enxeñosa invención enfócase no problema global das feridas crónicas, as que non cicatrizan axeitadamente por mor de enfermidades preexistentes, como a diabetes, e que provocan un gasto sanitario de millóns de dólares no mundo. Naiknaware expón cómo funcionan as súas "vendaxes intelixentes" e comparte a súa experiencia para animar a outras persoas a contribuír ao cambio.

Chera Kowalski: O rol clave dos bibliotecarios na crise de opioides

TEDMED 2017

Chera Kowalski: O rol clave dos bibliotecarios na crise de opioides
1,273,110 views

As bibliotecas públicas sempre foron máis que libros e a súa misión como apoio á comunidade adquire unha nova urxencia durante a actual epidemia de opioides. Despois de ser testemuña de sobredoses na súa biblioteca en Filadelfia, Chera Kowalski aprendeu a administrar naloxona, un medicamento que reverte os efectos dos narcóticos, e que utiliza para salvar vidas. Nesta charla persoal comparte a realidade da vida diaria na fronte de batalla da crise de opioides e ínstanos a cada un de nós a procurar novas formas de manter as nosas comunidades sas e seguras.

John Amory: Como funcionaría unha pílula anticonceptiva masculina

TEDMED 2017

John Amory: Como funcionaría unha pílula anticonceptiva masculina
1,124,721 views

O andrólogo John Amory está desenvolvendo un método anticonceptivo innovador para os homes, que lles dá unha nova opción para responsabilizarse por si mesmos da prevención de embarazos non desexados. Explica a ciencia que se está a desenvolver -e por que o mundo precisa desta pílula.

Lera Boroditsky: Como modela a lingua a nosa forma de pensar

TEDWomen 2017

Lera Boroditsky: Como modela a lingua a nosa forma de pensar
9,816,653 views

Existen cerca de 7000 linguas faladas no mundo e todas elas teñen diferentes sons, vocabularios e estruturas. Pero, poden modelar a nosa forma de pensar? A científica congnitiva, Lera Boroditsky, comparte algúns exemplos, desde unha comunidade aborixe en Australia que emprega puntos cardinais en vez de dereita e esquerda, ata as múltiples palabras que existen para chamarlle ao azul en ruso, que suxiren que a resposta é un rotundo si. Segundo Boroditsky, o bo da diversidade lingüística é que nos revela o enxeñosa e flexible que é a mente humana, "A mente humana inventou non un, senón 7000 universos cognitivos".

Wendy Suzuki: Os efectos transformadores do exercicio sobre o cerebro

TEDWomen 2017

Wendy Suzuki: Os efectos transformadores do exercicio sobre o cerebro
8,225,245 views

Que é o máis transformador que podes facer hoxe polo teu cerebro? Exercicio! afirma a neurocientífica Wendy Suzuki. Motívate para ir ao ximnasio con Suzuki, que explica como, segundo a ciencia, facer exercicio mellora o humor e a memoria, ademais de protexer o cerebro contra enfermidades neurodexenerativas coma o alzhéimer.