TED Talks with Galician transcript

Edsel Salvana: A perigosa evolución do VIH

TEDGlobal 2017

Edsel Salvana: A perigosa evolución do VIH
1,348,118 views

Pensabas que estábamos a gañar a batalla contra o VIH? Quizáis non xa que unha nova ola de virus adaptados e resistente ás mendiñas está a chegar. Nunha charla que abre ós ollos, Edsel Salvaña describe o agresivo subtipo AE que actualmente é unha plaga no seu fogar nas Filipinas. Alértanos sobre o que pode facilmente chegar a ser unha epidemia global.

Tiffany Watt Smith: A historia das emocións humanas

TED@Merck KGaA, Darmstadt, Germany

Tiffany Watt Smith: A historia das emocións humanas
3,518,597 views

Segundo a historiadora Tiffany Watt Smith, as palabras que empregamos para describir as nosas emocións afectan á maneira en que sentimos e teñen mudado ao longo do tempo (ás veces de maneira radical) en resposta a novas ideas e expectativas culturais. Se tomamos como exemplo a nostalxia, esta pasou de ser definida por vez primeira en 1688 como unha doenza considerada mortal a entenderse nos nosos días coma un mal de moita menor seriedade. Esta fascinante charla sobre a historia das emocións amósanos como a linguaxe que empregamos para describir como nos sentimos segue a evolucionar, e ensínanos novas palabras usadas en diferentes culturas para poñer nome a algúns sentimentos fugaces

Angela Wang: Como a China está a cambiar o futuro das compras

TED@BCG Milan

Angela Wang: Como a China está a cambiar o futuro das compras
1,767,798 views

A China é un laboratorio de innovación xigante, afirma a experta en comercio minorista Angela Wang; e neste laboratorio todo ten lugar nos teléfonos móbiles. Cincocentos millóns de consumidores chineses (o equivalente á poboación de EUA, Reino Unido e Alemaña) fan compras regularmente a través de plataformas móbiles, mesmo en tendas físicas. Que significa esta transformación para o futuro das compras? Coñece máis sobre esta nova normalidade onde todo e ultracómodo, ultraflexible e ultrasocial.

Hadi Eldebek: Como os artistas contribúen á economía - e como podemos apoialos

TED Residency

Hadi Eldebek: Como os artistas contribúen á economía - e como podemos apoialos
1,267,259 views

A arte dálle sentido ás nosas vidas e espírito á nosa cultura. Por iso, por que damos por feito que os artistas deben sufrir para vivir? Hadi Eldebek está traballando para crear unha sociedade na que os artistas sexan valorados mediante una plataforma en liña que poña en contacto artistas con oportunidades de acadar bolsas e financiamento, para que así poidan dedicarse aos seus traballos artísticos no canto de traballar en precario.

Armando Azua-Bustos: O lugar máis marciano da Terra

TED2017

Armando Azua-Bustos: O lugar máis marciano da Terra
1,192,605 views

Como estudar Marte sen unha nave espacial? Indo ao lugar máis marciano da Terra: o deserto de Atacama, en Chile. O astrobiólogo Armando Azua-Bustos criouse nesta vasta e árida paisaxe, e agora estuda as formas de vida que conseguiron adaptarse a sobrevivir aquí, algunhas en zonas en que non chove desde hai 400 anos. Explora as posibilidades de atopar vida en calquera outro lugar do universo sen deixar o planeta nesta rápida e divertida charla.

Peter Calthorpe: 7 principios para construír cidades mellores

TED2017

Peter Calthorpe: 7 principios para construír cidades mellores
2,298,685 views

Máis da metade da poboación mundial vive xa en cidades, e calcúlase que para 2050 outros 2.500 millóns teranse mudado a áreas urbanas. O xeito en que construímos as novas cidades será a clave de moito do que nos importa, desde o cambio climático e a vitalidade económica ata o noso propio benestar e o noso sentido de conexión. Peter Calthorpe leva tempo traballando na planificación urbana do futuro e defendendo un deseño de comunidade que priorice a interacción humana. Nesta charla, preséntanos sete principios universais para resolver o problema da dispersión urbana e para construír cidades máis intelixentes e sostibles.

Anjan Chatterjee: Como decide o teu cerebro o que é fermoso

TEDMED 2016

Anjan Chatterjee: Como decide o teu cerebro o que é fermoso
2,701,069 views

Anjan Chatterjee emprega ferramentas da psicoloxía evolutiva e da neurociencia cognitiva para estudar un dos conceptos máis cativadores da natureza: a beleza. Aprende máis sobre a ciencia que está detrás da razón pola que certas configuracións de liñas, cores e formas nos estimulan nesta fascinante e profunda mirada ao interior do teu cerebro.

Joseph Redmon: Como aprenden os ordenadores a recoñecer obxectos instantaneamente

TED2017

Joseph Redmon: Como aprenden os ordenadores a recoñecer obxectos instantaneamente
2,471,805 views

Hai dez anos, os investigadores pensaban que lograr que un ordenador distinguise entre un gato e un can sería practicamente imposible. Hoxe os sistemas de visión artificial poden facelo cunha precisión superior ao 99 por cento. Como? Joseph Redmon traballa no sistema YOLO ("Só se vive unha vez"), un método de detección de obxectos de código aberto capaz de identificar obxectos en imaxes estáticas e vídeo --desde unha cebra a un sinal de stop-- coa velocidade dun lóstrego. Na súa magnífica demostración en directo, Redmon presenta orgulloso este avance de enorme importancia para aplicacións como os coches autónomos, a robótica ou mesmo a detección do cancro.

Titus Kaphar: Pode a arte corrixir a historia?

TED2017

Titus Kaphar: Pode a arte corrixir a historia?
1,527,150 views

O artista Titus Kaphar pinta cadros e crea esculturas que se enfrontan ás loitas do pasado ao tempo que falan da diversidade e os progresos do presente. Nun inesquecible obradoiro en directo, Kaphar aplica un pincel enchoupado en pintura branca a unha réplica dunha obra de Frans Hals do século XVII, velando partes da composición para traer á luz a historia oculta. Hai un relato codificado neste tipo de arte, di Kaphar. Que acontece cando cambiamos de enfoque e nos enfrontamos ás verdades agochadas?

Mehdi Ordikhani-Seyedlar: Que ocorre no cerebro cando pos atención?

TED2017

Mehdi Ordikhani-Seyedlar: Que ocorre no cerebro cando pos atención?
3,083,456 views

A atención non está só relacionada coas cousas en que nos concentramos senón tamén co que o cerebro filtra. Investigando os padróns cerebrais que ocorren mentres as persoas intentan concentrarse, o neurocientífico computacional Mehdi Ordikhani-Seyedlar agarda achegar aínda máis o cerebro aos ordenadores e construír modelos que poidan utilizarse para tratar o TDAH (trastorno por déficit de atención e hiperactividade) e axudar a quen perdeu a capacidade de comunicarse. Escoita máis sobre esta emocionante ciencia nesta charla breve e fascinante.

Lisa Genova: Que se pode facer para previr o alzhéimer

TED2017

Lisa Genova: Que se pode facer para previr o alzhéimer
4,830,426 views

O alzhéimer non ten por que ser o destino do seu cerebro, afirma Lisa Genova, neurocientífica e autora do libro "Still Alice". Lisa comparte as últimas investigacións científicas sobre a doenza, así coma estudos prometedores sobre o que cadaquén pode facer para crear resistencia cerebral ante o alzhéimer.

Carolyn Jones: Homenaxe á enfermaría

TEDMED 2016

Carolyn Jones: Homenaxe á enfermaría
1,375,400 views

Carolyn Jones pasou cinco anos entrevistando, fotografando e filmando enfermeiras e enfermeiros por toda América, viaxando a lugares onde se loita con algúns dos problemas de saúde pública máis graves da nación. Ela comparte historias persoais de inquebrantable dedicación nesta homenaxe aos heroes cotiáns que traballan na vangarda da atención sanitaria.

Sangu Dele: Non hai nada malo en coidar a túa saúde mental

TEDLagos Ideas Search

Sangu Dele: Non hai nada malo en coidar a túa saúde mental
2,271,856 views

Cando o estrés chegou a ser demasiado para o empresario Sangu Delle, tivo que enfrontarse ao seu propio e profundo prexuízo: que os homes non terían que preocuparse da súa saúde mental. Nun coloquio persoal, Delle comparte como aprendeu a tratar asiedade nunha sociedade que se sente incómoda coas emocións. Como el mesmo o di: "ser sincero con como nos sentimos non nos fai débiles, fainos humanos".

David Casarett: Os argumentos dun doutor sobre a marihuana medicinal

TEDMED 2016

David Casarett: Os argumentos dun doutor sobre a marihuana medicinal
2,801,315 views

O doutor David Casarret estaba canso de ouvir falsas e medias verdades sobre a marihuana medicinal, polo que adoptou unha postura escéptica e púxose a investigar pola súa conta. Volveu cun informe fascinante sobre o que sabemos e o que non sabemos, e sobre o que a medicina convencional podería aprender dos dispensarios de marihuana medicinal de hoxe en día.

Chimamanda Ngozi Adichie: Todos deberíamos ser feministas

TEDxEuston

Chimamanda Ngozi Adichie: Todos deberíamos ser feministas
4,033,919 views

Ensinamos ás nenas que poden ter ambición, pero non demasiada... poden ter éxito, pero non demasiado, ou os homes sentiránse ameazados, di Chimamanda Ngozi Adichie. Nesta charla clásica que abriu unha xuntanza mundial sobre feminismo, Adichie pídenos que empecemos a soñar e plantexar un mundo diferente, máis xusto -- de homes e mulleres máis felices que sexan fieis a si mesmos.

Zubaida Bai: Un básico bolso natalicio para as nais do Terceiro Mundo

TED Residency

Zubaida Bai: Un básico bolso natalicio para as nais do Terceiro Mundo
975,456 views

Zubaida Bai, membro da comunidade TED, traballa con profesionais médicos, matronas e nais para posibilitar intervencións dignas e baratas na asistencia médica a mulleres. Nesta breve e impresionante conferencia, amosa o seu simple bolso natalicio, que contén todo o que unha muller precisa para dar a luz dun xeito hixiénico e san, sen que importe en que lugar do mundo se atope (ou como de lonxe se estea dun centro médico).

David R.Williams: Como nos fai enfermar o racismo

TEDMED 2016

David R.Williams: Como nos fai enfermar o racismo
1,360,391 views

Por que ten tanta trascendencia a raza para a saúde? David R. Williams desenvolveu unha escala para medir o impacto real da discriminación no benestar alén de criterios tradicionais como a renda e o nivel educativo. Revelou, así, como algúns factores, como os prexuízos implícitos, a segregación residencial e os estereotipos negativos, orixinan e perpetúan a desigualdade. Nesta esclarecedora charla, Williams proba como o racismo está a xerar un sistema corrupto e achega esperanzadores exemplos de programas en desenvolvemento nos Estados Unidos que traballan para erradicar a discriminación.

John Koenig: Fermosas palabras novas para describir emocións escuras

TEDxBerkeley

John Koenig: Fermosas palabras novas para describir emocións escuras
1,814,744 views

A John Koenig encántalle atopar palabras que expresen os nosos sentimentos non manifestados, como "lachesism (fame de desastre) e "sonder" (o recoñecemento que as vidas de todos os demais son tan complexas e descoñecidas como a nosa). Nesta charla, el medita sobre o significado que lles damos ás palabras e como estes significados se aferran a nós.

Grady Booch: Non temamos a superintelixente IA

TED@IBM

Grady Booch: Non temamos a superintelixente IA
2,866,438 views

Novas creacións tecnolóxicas, novas ansiedades, di o filósofo Grady Booch, pero non temos por que temer unha IA todopoderosa e sen sentimentos. Booch calma os nosos peores medos (inducidos pola ciencia ficción) acerca dos ordenadores superintelixentes explicando como lles aprenderemos, e non programaremos, para que compartan os nosos valores. En vez de preocuparnos por unha, pouco probable, ameaza existencial, anímanos a que nos preguntemos como a intelixencia artificial pode mellorar a vida humana.

Margaret Bourdeaux: Por que os civís sofren máis cando xa rematou a guerra

TEDxBeaconStreet

Margaret Bourdeaux: Por que os civís sofren máis cando xa rematou a guerra
979,657 views

Nunha guerra, resulta que a violencia non é a principal asasina de civís. Quen o é, entón? Pois as enfermidades, a fame e a pobreza, porque a guerra destrúe as institucións que fan que a sociedade funcione, como os servizos, os bancos, o sistema alimentario e os hospitais. A doutora Margaret Bourdeaux propón un enfoque valente para garantir a recuperación unha vez rematado o conflito no que establece prioridades en canto ao que se debería arranxar en primeiro lugar.

Sue Klebold: O meu fillo foi un tiroteador en Columbine. Esta é a miña historia.

TEDMED 2016

Sue Klebold: O meu fillo foi un tiroteador en Columbine. Esta é a miña historia.
10,022,839 views

Sue Klebold é a nai de Dylan Klebold, un dos dous tiroteadores que mataron a 12 estudantes e un profesor na masacre do instituto Columbine. Sue pasou anos escarvando en cada detalle da súa vida familiar, intentando comprender se puido ter feito algo para previr a violencia do seu fillo. Nesta charla difícil e dolorosa, Klebold explora a intersección entre a saúde mental e a violencia, pedíndolles a pais e profesionais que examinen a relación entre os pensamentos suicidas e os homicidas.

Thordis Elva, Tom Stranger: A nosa historia de violación e reconciliación.

TEDWomen 2016

Thordis Elva, Tom Stranger: A nosa historia de violación e reconciliación.
5,570,439 views

En 1996, Thordis Elva compartiu un romance adolescente con Tom Stranger, un estudante de intercambio de Australia. Despois dun baile de instituto, Tom violou a Thordis, tralo que os seus camiños se separaron durante anos. Nesta extraordinaria Charla, Elva e Stranger navegan a través de anos de vergoña e silencio, e invítannos a conversar sobre o tema global e omnipresente da violencia sexual dun xeito novo e honesto. Para un coloquio cos conferenciantes, visitade go.ted.com/thordisandtom.

Sisonke Msimang: Se unha historia te emociona, actúa

TEDWomen 2016

Sisonke Msimang: Se unha historia te emociona, actúa
1,365,356 views

As historias son necesarias, pero non son tan máxicas como parecen, segundo a escritora Sisonke Msimang. Nunha charla divertida e que nos fai pensar, Msimang cuestiona a nosa énfase no contar historias e salienta a decadencia dos feitos reais. Nun tempo crítico en que escoitar se confunde con actuar, Msimang pídenos apagar os nosos teléfonos, separarnos das nosas pantallas e saír ao mundo real para crear un plan a favor da xustiza.

Sofia Jawed-Wessel: Mentiras que lles contamos ás mulleres embarazadas.

TEDxOmaha

Sofia Jawed-Wessel: Mentiras que lles contamos ás mulleres embarazadas.
2,444,062 views

"Cando lles dicimos ás mulleres que non paga a pena asumir riscos practicando sexo durante o embarazo, estamos a dicirlles que o seu pracer sexual non importa... que elas non importan," di Sofia Jawed-Wessel, investigadora sexual. Nesta reveladora charla, Sofía escarva nas nosas opinións sobre o embarazo para poñer ao descuberto a relación entre as mulleres, o sexo e os sistemas de poder.

Rebecca Brachman: Pode un fármaco previr a depresión e o estrés postraumático?

TEDxNewYork

Rebecca Brachman: Pode un fármaco previr a depresión e o estrés postraumático?
1,563,420 views

O camiño cara a un novo fármaco está empedrado con descubrimentos accidentais. Neste conto ben contado de como se produce a ciencia, a neurocientífica Rebecca Brachman comparte noticias dun tratamento innovador atopado de forma fortuíta que pode previr o desenvolvemento de trastornos mentais como a depresión ou o estrés postraumático. E agarda atento por un inesperado --e controvertido-- xiro.

Jia Jiang: O que aprendín en 100 días de rexeitamento

TEDxMtHood

Jia Jiang: O que aprendín en 100 días de rexeitamento
6,040,624 views

Jia Jiang aventúrase sen medo nun territorio que moita xente teme: o rexeitamento. Ao buscar o rexeitamento durante 100 días; pedindo, por exemplo, prestados 100 dólares a un descoñecido ou requirindo un reposto de hamburguesa nun restaurante, Jiang perdeu a sensibilidade á dor e á vergoña que implica o rexeitamento e, no proceso, descubriu que pedir o que queres pode abrirche posibilidades onde esperabas atopar camiños sen saída.

Hector Garcia: Adestramos os soldados para a guerra. Adestrémolos tamén para volver á casa

TED Talks Live

Hector Garcia: Adestramos os soldados para a guerra. Adestrémolos tamén para volver á casa
1,099,517 views

Antes de que os soldados sexan enviados ao combate, son adestrados sobre como desenvolverse nun ambiente inmensamente perigoso. Pero tamén precisan de adestramento sobre como volver do campo de batalla á vida civil, di o psicólogo Hector Garcia. Aplicando os mesmos principios usados para preparar os soldados para a guerra, Garcia está a axudar a veteranos que sofren de trastorno por estrés postraumático (TEPT) a recuperar as súas vidas.

Kandice Summer: Cómo a escola pública americana mantén aos nenos na pobreza.

TEDxBeaconStreet

Kandice Summer: Cómo a escola pública americana mantén aos nenos na pobreza.
1,614,819 views

Por que unha boa educación debería ser exclusiva para os nenos ricos? Nas escolas de barrios con poucos recursos o largo de EE.UU., e en especial nas comunidades de cor, existe unha falta de materiais que nas escolas con maiores ingresos son considerados como o máis básico. Entre eles atopamos instrumentos musicais, libros novos, comidas saudables e mesmo campos de fútbol; todos eles teñen unha importante repercusión no desenvolvemento do potencial dos alumnos. Kandice Summer observa esta disparidade na súa aula de Boston todos os días. Nesta inspiradora charla, pídenos que afrontemos os feitos, e que os cambiemos.