TED Talks with Galician transcript

Laura Schulz: As sorprendentemente lóxicas mentes dos bebés

TED2015

Laura Schulz: As sorprendentemente lóxicas mentes dos bebés
1,888,975 views

Como aprenden os bebés tanto de tan pouco, e tan rápido? Nunha charla divertida e chea de experimentos, a científica cognitiva Laura Schulz amosa como os nosos cativos toman decisións cun sentido da lóxica sorprendentemente forte, xa moito antes de que dean falado.

Cosmin Mihaiu: A fisioterapia é aburrida. Mellor xoga a un xogo!

TED2015

Cosmin Mihaiu: A fisioterapia é aburrida. Mellor xoga a un xogo!
1,507,249 views

Tes unha lesión e vas camiño da casa para facer unha hora de fisioterapia. O que menos che apetece é ter que facer pola túa conta exercicios confusos que tardan tempo de máis en producir resultados. O membro de TED, Cosmin Mihaiu, amósanos unha solución divertida e económica que converte os aburridos exercicios de fisioterapia nun videoxogo cunhas instrucións clarísimas.

Tal Danino: Podemos utilizar as bacterias para detectar o cancro (e quizais curalo)

TED2015

Tal Danino: Podemos utilizar as bacterias para detectar o cancro (e quizais curalo)
1,329,748 views

O cancro de fígado é un dos máis difíciles de detectar, mais o biólogo sintético Tal Danino tivo unha idea moi pouco convencional: Que pasaría se creamos unha probiótica, unha bacteria comestíbel que fose "programada" para atopar tumores de fígado? As súas descubertas suxiren algo que estamos empezando a comprender sobre as bacterias: o seu poder de percepción de quorum, ou faceren algo xuntas unha vez que son un número enorme. Danino, membro de TED, explica como funciona a percepción do quorum -- e que a cooperación entre as bacterias podería algun día cambiar o tratamento do cancro.

Greg Gage: Como controlar o brazo doutra persoa co teu cerebro

TED2015

Greg Gage: Como controlar o brazo doutra persoa co teu cerebro
9,669,307 views

Greg Gage ten a misión de facer accesible para todo o mundo a neurociencia. Nesta divertida e un pouco terrorífica demostración, o neurocientífico e membro destacado de TED usa un kit doméstico simple e asequible para quitarlle a liberdade de decisión a unha persoa do público. Non é ningún truco; funciona. Tes que velo para crelo.

Rob Knight: Como definen os nosos microbios quen somos

TED2014

Rob Knight: Como definen os nosos microbios quen somos
2,014,096 views

Rob Knight é un pioneiro no estudo dos microbios humanos, a comunidade de diminutos organismos unicelulares que viven dentro dos nosos corpos e que ten un gran, e en grande parte descoñecido, papel na nosa saúde. "O 1,5 kg de microbios que levas contigo pode ter máis importancia que todos e cada un dos xenes que tes no teu xenoma", afirma. Descubre porque.

Nadine Burke Harris: O efecto dos traumas infantís na saúde durante toda a vida

TEDMED 2014

Nadine Burke Harris: O efecto dos traumas infantís na saúde durante toda a vida
6,760,359 views

Os traumas infantís non son algo que simplemente se supera ao medrar. A pediatra Nadine Burke Harris explícanos que o estrés reiterado provocado polas situacións de abuso ou abandono ou polo feito de que algún dos proxenitores padece unha enfermidade mental ou drogodependencia ten efectos reais e significativos sobre o desenvolvemento cerebral. Isto vaise manifestando ao longo de toda a vida, ata o punto de que o risco de padecer enfermidades cardíacas e cancro de pulmón é tres veces máis elevado nas persoas que experimentaron un nivel alto de trauma. Nadine Burke Harris fai un chamamento apaixoado para que a medicina pediátrica se enfronte con decisión á prevención e o tratamento do trauma.

Guy Winch: Por que todos necesitamos practicar primeiros auxilios emocionais

TEDxLinnaeusUniversity

Guy Winch: Por que todos necesitamos practicar primeiros auxilios emocionais
10,148,018 views

Imos ao médico cando nos temos catarro ou unha dor persistente. Entón, por que non consultamos a un profesional da saúde cando sentimos dor emocional: culpabilidade, abatemento, soidade? Moitos de nós lidamos con problemas psicolóxicos comúns sós, di Guy Winch. Pero non temos que facelo. Nesta charla fai unha convincente argumentación para practicar hixiene emocional, atender as nosas emocións, os nosos pensamentos, coa mesma dilixencia coa que atendemos os nosos corpos.

Miguel Nicolelis: Xa chegou a interacción entre cerebros. Como o fixemos?

TEDGlobal 2014

Miguel Nicolelis: Xa chegou a interacción entre cerebros. Como o fixemos?
1,398,266 views

Seguro que lembras ao neurocientífico Miguel Nicolelis, o que construíu o exoesqueleto dirixido polo cerebro que lle permitiu a un home con mobilidade reducida xutar o saque inicial da Copa do Mundo no ano 2014. En que está traballando agora? En como conectar dous cerebros, de ratas e monos, polo de agora, para que se transmitan mensaxes dun ao outro co pensamento. Con este vídeo, poderás coñecer o experimento que, como el mesmo di, supera os límites da túa imaxinación.

Morgana Bailey: O perigo de agochar quen es

TED@State Street London

Morgana Bailey: O perigo de agochar quen es
3,050,914 views

Morgana Bailey pasou 16 anos agochando o seu ser verdadeiro. Nunha charla valente, menciona catro palabras que para algúns poden parecer pouco importantes, pero que para ela foron paralizantes. Por que falar sen reservas? Porque se decatou de que o seu silencio ten consecuencias persoais, profesionais e sociais. Perante un público formado polos seus propios compañeiros de traballo, reflexiona sobre o que supón o medo ao xuízo alleo, e como iso afecta o noso propio xuízo.

Emily Balcetis: Por que facer exercicio lles resulta máis difícil a uns ca a outros

TEDxNewYork

Emily Balcetis: Por que facer exercicio lles resulta máis difícil a uns ca a outros
3,770,270 views

Por que algunhas persoas teñen que facer un esforzo moito maior ca outros para evitar os quilos de máis? A psicologa social Emily Balcetis preséntanos resultados de investigacións nas que se aborda un dos múltiples factores implicados: a visión. Nunha charla moi instrutiva demóstranos como, no que fai á nosa condición física, uns ven o mundo de forma moi distinta a outros, e proponnos unha solución sorprendentemente simple para superar esas diferencias.

Rosie King: Como o autismo me permitiu ser eu mesma

TEDMED 2014

Rosie King: Como o autismo me permitiu ser eu mesma
2,683,245 views

Rosie King, de 16 anos, di que "á xente ponlle tanto medo a variedade que intentan meter todo no mesmo saco cunha etiqueta moi específica". Audaz, impetuosa e autista Rosie quere saber por qué lle preocupa a todo o mundo ser normal. Dálles un toque de atención a tódolos nenos, pais, profesores ou persoas para que celebren a individualidade. É unha proba do potencial da diversidade humana.

Ramanan Laxminarayan: A crise dos antibióticos que vén de camiño

TEDMED 2014

Ramanan Laxminarayan: A crise dos antibióticos que vén de camiño
1,062,693 views

Os antibióticos salvan vidas. Pero nós, estámolos a empregar de máis e moitas veces non co obxectivo de salvar vidas, senón por exemplo para tratar a gripe ou para criar polos de forma máis barata. O resultado, dinos o investigador Ramanan Laxminarayan, é que os fármacos van deixar de funcionar, a medida que as bacterias se fagan cada vez máis resistentes. El fainos un chamamento (a pacientes e médicos por igual) para que vexamos os antibióticos --e a súa eficacia constante-- como un recurso esgotable, e que pensemos dúas veces antes de utilizalos. É unha visión particular que nos amosa como as tendencias médicas poden golpear as nosas vidas

Debra Jarvis: Si, sobrevivín ao cancro, pero iso non me define

TEDMED 2014

Debra Jarvis: Si, sobrevivín ao cancro, pero iso non me define
1,110,917 views

Debra Jarvis levaba case 30 anos traballando de capelá nun hospital cando lle diagnosticaron un cancro. E como paciente aprendeu bastantes cousas. Nunha charla atrevida e mordaz explica como a identidade de "sobrevivente de cancro" pode parecer estática. Pídenos que superemos as nosas experiencias máis duras e que nos deamos espazo para crecer e evolucionar.

Jorge Soto: O futuro da diagnose precoz do cancro?

TEDGlobal 2014

Jorge Soto: O futuro da diagnose precoz do cancro?
1,320,991 views

Xunto cun grupo de tecnólogos e científicos, Jorge Soto está a desenvolver unha proba sinxela, non invasiva e en código aberto que trata de atopar os primeiros síntomas de diversos tipos de cancro. No escenario de TEDGlobal 2014 mostrou por primeira vez un prototipo de traballo desta plataforma móbil.

Jeff Iliff: Unha razón máis para durmir ben toda a noite

TEDMED 2014

Jeff Iliff: Unha razón máis para durmir ben toda a noite
5,135,628 views

O cerebro emprega un cuarto da enerxía total do organismo, pero supón só un dous por cento da masa corporal. Como recibe, e máis importante, como se desfai este órgano único dos nutrientes vitais? Novas investigacións suxiren que ten que ver co sono.

Nancy Kanwisher: Un retrato neural da mente humana

TED2014

Nancy Kanwisher: Un retrato neural da mente humana
1,226,930 views

A pioneira da tecnoloxía de imaxe do cerebro Nancy Kanwisher, que usa a imaxe por resonancia magnética funcional para ver a actividade das rexións cerebrais (frecuentemente as propias), comparte o que ela e mais os seus colegas aprenderon: O cerebro está constituído por compoñentes moi especializados e tamén por "maquinaria" polivalente. Outra sorpresa: que aínda nos falta moito por aprender.

Obxectos cotiáns, historias tráxicas

TED2014

Obxectos cotiáns, historias tráxicas
1,040,925 views

Ziyah Gafic fotografía obxectos cotiáns: reloxos, zapatos, lentes. Pero estas imaxes, que son aparentemente simples, retratan obxectos exhumados de foxas comúns da guerra de Bosnia. O colaborador de TED Gafic procede de Saraxevo e fotografiou cada obxecto desas foxas para crear un arquivo vivo das identidades dos desaparecidos.

Clint Smith: O perigo do silencio

TED@NYC

Clint Smith: O perigo do silencio
5,033,082 views

"Pasamos tanto tempo escoitando as cousas que di a xente que case nunca atendemos ás que non din", afirma o poeta de slam e mestre Clint Smith. Un breve mais potente discurso, como saído da alma, sobre como sacar a coraxe para nos pronunciar contra a ignorancia e as inxustizas.

Renata Salecl: A nosa enfermiza obsesión coas decisións

TEDGlobal 2013

Renata Salecl: A nosa enfermiza obsesión coas decisións
1,587,906 views

Enfrontámonos a unha infinita cadea de decisións, que nos levan a sentir ansiedade, culpa e picadas de inseguridade de se estaremos tomando as equivocadas. A filósofa Renata Salecl pregunta: poden estar as nosas decisións persoais distraéndonos de algo máis importante -o noso poder de pensar no social? Un chamamento atrevido para deixar de tomar tan en serio decisións personais e centrarnos nas decisións que adoptamos colectivamente.

Julian Treasure: Como falar de xeito que a xente queira escoitar

TEDGlobal 2013

Julian Treasure: Como falar de xeito que a xente queira escoitar
40,379,785 views

Sentiu algunha vez que estaba a falar pero ninguén escoitaba? Aquí está Julian Treasure para axudar. Nesta útil charla o experto en son amosa os comos dunha fala convincente, dende algúns exercicios vocais prácticos ata consellos para falar con empatía. Unha charla que pode axudar a que o mundo soe máis fermoso.

Will Potter: O impactante movemento para criminalizar as protestas non violentas

TED2014

Will Potter: O impactante movemento para criminalizar as protestas non violentas
1,127,722 views

En 2002, o periodista de investigación e bolseiro de TED Will Potter decidiu tomar un descanso da rutina de escribir sobre tiroteos e asasinatos para o Chicago Tribune. Quería axudarlle a un grupo local a facer campaña contra a experimentación con animais. "Pensei que sería unha forma segura de facer algo positivo", di. No canto diso, foi arrestado. Así comezou a súa viaxe cara a un mundo no que as protestas pacíficas están etiquetadas como terrorismo.

Kevin Briggs: A ponte entre o suicidio e a vida

TED2014

Kevin Briggs: A ponte entre o suicidio e a vida
5,482,244 views

Durante moitos anos o Sargento Kevin Briggs tivo un oscuro, insólito e ás veces extrañamente gratificante traballo: patrullaba o extremo sur da ponte Golden Gate de San Francisco, un sitio coñecido polos intentos de suicidio. Nunha charla solemne e profundamente persoal, Briggs comparte historias de xente coa que falou --e á que escoitou-- mentres estaban nas estremas da súa vida. Dános un poderoso consello a aqueles de nós que teñamos seres queridos que poidan estar pensando no suicidio.

Wendy Chung: Autismo, o que sabemos (e o que aínda non sabemos)

TED2014

Wendy Chung: Autismo, o que sabemos (e o que aínda non sabemos)
3,896,604 views

Nesta charla baseada en feitos, a xenetista Wendy Chung comparte o que se sabe sobre os trastornos do espectro autista, por exemplo, que o autismo ten múltiples causas, probablemente entretecidas. Alén da ansiedade e a preocupación que envolve a diagnose, Chung e o seu equipo analizan o que levamos aprendido coa investigación, os tratamentos e a escoita atenta.

Persoal de TED: É TED, o musical

TED in the Field

Persoal de TED: É TED, o musical
800,223 views

¿Tes unha charla TED no teu interior que non ve a hora de saír? Emprende esta divertida viaxe musical "Da a túa charla". Unha carta de amor musical aos nosos oradores. Escrita, dirixida e interpretada polo persoal de TED.

Daniel Reisel: A neurociencia da xustiza restaurativa

TED2013

Daniel Reisel: A neurociencia da xustiza restaurativa
885,475 views

Daniel Reisel dedícase a estudar o cerebro dos psicópatas (e o dos ratos). E faise unha pregunta moi importante: No canto de ter a estes criminais simplemente pechados, non deberiamos facer uso do que sabemos sobre o cerebro para axudarlles a rehabilitarse? Noutras palabras, se o cerebro pode desenvolver vías neuronais novas tras unha lesión, poderiamos axudarlle tamén a rexenerar o sentido moral?

Annette Heuser: 3 axencias co poder de crear ou destruír economías

TEDGlobal 2013

Annette Heuser: 3 axencias co poder de crear ou destruír economías
1,237,713 views

O modo no que estamos a cualificar economías é totalmente incorrecto segundo Annette Heuser, reformista da axencia de cualificación. Tres axencias privadas estadounidenses de avaliación de crédito están a empregar misteriosos e escuros métodos para exercer un gran poder sobre as economías nacionais en todo o mundo. Os resultados poden ser catastróficos pero, ¿e se houbese outra opción? Nesta audaz charla, Heuser comparte a súa visión dunha axencia de calificación sen ánimo de lucro que achegará maior equidade e xustiza ó xogo.

McKenna Pope: Queren ser activistas? Comecen cos seus xoguetes

TEDYouth 2013

McKenna Pope: Queren ser activistas? Comecen cos seus xoguetes
1,022,732 views

Ao irmán pequeno de McKenna Pope encantáballe cociñar, mais non lle gustaba empregar unha cociniña de xoguete que era para nenas. Así que aos 13 anos, Pope iniciou unha petición en liña para a empresa de xoguetes estadounidense Hasbro co fin de cambiar as cores rosa e violeta do clásico xoguete e incluir aos nenos na publicidade de TV. Nunha charla alentadora, Pope toma a causa dos xoguetes non sexistas e fai unha chamada vehemente á acción a tódolos nenos que se sinten impotentes.