TED Talks with Galician transcript

Jill Heinerth: O misterioso mundo das covas submarinas

TEDYouth 2015

Jill Heinerth: O misterioso mundo das covas submarinas
1,921,342 views

A submarinista Jill Heinerth explora as canles de augas subterráneas que percorren o noso planeta. Traballando con biólogos, climatólogos e arqueólogos, Heinerth desvela os misterios das formas de vida que habitan algúns dos lugares máis remotos do planeta e axuda os investigadores a desbloquear a historia do cambio climático. Nesta curta charla, mergúllate baixo as ondas e explora as marabillas do espazo interior.

Acheyo Idachaba: Como convertín unha pranta mortal nun florecente negocio

TEDWomen 2015

Acheyo Idachaba: Como convertín unha pranta mortal nun florecente negocio
1,836,174 views

O xacinto de auga pode parecer inofensivo, incluso unha bonita planta con flores --pero en realidade é unha unha planta acuática invasora que entulla levadas, paraliza o comercio, interrompe a escolarización e trastorna a vida cotiá. A emprendedora ecolóxica Achenyo Idachaba viu unha oportunidade neste andazo. Acompáñaa no seu camiño para converter esta mala herba nun marabilloso tecido.

James Veitch: Isto é o que ocorre cando respondes un correo lixo

TEDGlobal>Geneva

James Veitch: Isto é o que ocorre cando respondes un correo lixo
55,851,315 views

Correos electrónicos sospeitosos: bonos de seguros sen reclamar, caixas fortes con diamantes incrustados, amigos próximos illados nun país estranxeiro. Xorden nas nosas caixas de entrada e o procedemento estándar é eliminalos nada máis velos. Pero que ocorre cando respondes? Sigue o escritor e comediante James Veitch na narración dun divertido intercambio de varias semanas cun remitente de correo lixo que lle propuxo compartir un súper negocio.

Aomawa Shields: Como imos atopar vida noutros planetas

TED2015

Aomawa Shields: Como imos atopar vida noutros planetas
1,734,106 views

A astrónoma Aomawa Shields busca pistas sobre a vida que podería existir noutros lugares del universo examinando las atmosferas de exoplanetas afastados. Cando non está explorando o ceo, esta actriz de formación clásica (e bolseira TED) busca o xeito de implicar ás mozas nas ciencias por medio do teatro, a escrita e a arte visual. " Se cadra, algún día hanse sumar ás filas de astrónomos que están cheos de contradicións " di ela, "e han usar as súas experiencias para descubrir, dunha vez por todas, que realmente non estamos sós no universo."

Robert Waldinger: Que converte unha vida en boa? Leccións do estudo máis longo sobre a felicidade

TEDxBeaconStreet

Robert Waldinger: Que converte unha vida en boa? Leccións do estudo máis longo sobre a felicidade
31,511,567 views

Que nos mantén felices e saudables ao longo da vida? Se pensas que é a fama e o diñeiro, non estás só, pero segundo o psiquiatra Robert Waldinger, equivócaste. Como director dun estudo de 75 anos sobre o desenvolvemento adulto, Waldinger ten un acceso sen precedentes a datos sobre a verdadeira felicidade e a satisfacción persoal. Nesta charla, comparte tres leccións importantes que aprendeu grazas a ese estudo, así como unha pouca sabedoría práctica, vella como o tempo, sobre como construír unha vida longa e plena.

António Guterres: Os refuxiados teñen o dereito a seren protexidos

TEDGlobal>Geneva

António Guterres: Os refuxiados teñen o dereito a seren protexidos
1,188,210 views

O Alto Comisionado da ONU para os Refuxiados, António Guterres, pensa que podemos resolver a crise global dos refuxiados e ofrece convincentes razóns polas que o debemos intentar. En conversa con Bruno Giussani, do TED, Guterres discute as causas históricas da crise actual e describe o estado de ánimo dos países europeos que intentan protexer, acoller e reasentar centos de miles de familias desesperadas. Mensaxe global: Guterres pide un cambio multilateral cara á aceptación e ao respecto para desafiar grupos como os da propaganda anti-refuxiados e a máquina de recrutamento de ISIS.

Laura Robinson: Os segredos que descubro no misterioso fondo mariño

TEDxBrussels

Laura Robinson: Os segredos que descubro no misterioso fondo mariño
1,759,346 views

A centos de metros baixo a superficie do océano, Laura Robinson explora as escarpadas ladeiras dos montes submarinos. Anda á procura de corais de miles de anos de idade para analizalos nun reactor nuclear e descubrir como cambia o océano. Estudando a historia da Terra, Robinson espera descubrir pistas sobre o que podería acontecer no futuro.

Jessica Shortall: Os Estados Unidos necesitan a baixa de maternidade polo ben do seu futuro

TEDxSMU

Jessica Shortall: Os Estados Unidos necesitan a baixa de maternidade polo ben do seu futuro
1,521,725 views

Precisamos que as mulleres traballen e que as mulleres traballadoras teñan fillos. Entón... por que segue Estados Unidos sen ofrecer unha baixa de maternidade pública a todas as nais? Nesta charla rompedora, Jessica Shortall é quen de amosar a realidade problemática da maternidade americana: millóns de mulleres vense obrigadas a volver ao traballo cada ano apenas semanas despois do parto. A súa idea: é momento de que comprendamos os custos económicos, físicos e psicolóxicos do xeito no que achegamos ás nais traballadoras e á súa descendencia. É momento, tamén, de asegurar o seu futuro económico por medio de baixas pagadas para todas as nais e pais traballadores.

Carl Safina: Que están a pensar e sentir os animais?

Mission Blue II

Carl Safina: Que están a pensar e sentir os animais?
2,341,963 views

Que pasa dentro dos cerebros dos animais? Podemos saber o que, ou se pensan e senten? Carl Safina cre que si. Empregando descubrimentos e anécdotas que abarcan ecoloxía, bioloxía e ciencias do comportamento, entrelaza historias de baleas, lobos, elefantes e albatros para argumentar que igual ca nós pensamos, sentimos, usamos ferramentas e expresamos emocións, tamén o poden facer outras criaturas (e mentes) que comparten a Terra con nós.

Daniel Levitin: Como manter a calma cando sabes que te vas estresar

TEDGlobal>London

Daniel Levitin: Como manter a calma cando sabes que te vas estresar
15,873,808 views

Cando estamos estresados, non rendimos ao noso máximo nivel. De feito, o noso cerebro evolucionou durante milenios para liberar cortisol en situacións de estrés, o que inhibe o pensamento lóxico e racional aínda que pode axudarnos a sobrevivir no caso de sermos atacados, por exemplo, por un león. O neurocientífico Daniel Levitin pensa que hai un modo de evitar os erros graves en situacións de estrés, cando a nosa mente se nubra: o pensamento a posteriori anticipado ou "pre mortem". Como explica el mesmo: "Todos imos cometer algún erro antes ou despois. A idea é pensar con antelación en cales poden ser eses erros."

Jennifer Doudna: Como editar o ADN con CRISPR

TEDGlobal>London

Jennifer Doudna: Como editar o ADN con CRISPR
2,870,405 views

A xenetista Jennifer Doudna co-inventou unha innovadora tecnoloxía para a edición xenómica, CRISPR-Cas9. Esta ferramenta permite facer cortes precisos nas cadeas do ADN, o que pode levar á creación de tratamentos para as enfermidades xenéticas... pero tamén pode usarse para facer ''bebés á carta''. Doudna explica o funcionamento de CRISPR-Cas9 e pídelle á comunidade científica unha pausa para debater as implicacións éticas desta nova ferramenta.

Anders Fjellberg: Dous corpos anónimos arrastrados á praia. Velaquí as súas historias

TEDGlobal>London

Anders Fjellberg: Dous corpos anónimos arrastrados á praia. Velaquí as súas historias
1,315,407 views

Cando dous corpos que levaban traxes de neopreno idénticos apareceron arrastrados pola marea en Noruega e Holanda, o xornalista Andres Fjellberg e o fotógrafo Tomm Christiansen comezaron a buscar a resposta á pregunta: quen eran estas persoas? O que descubriron e contaron no "Dagbladet" noruegués é que todos temos un nome, todos temos unha historia e todos somos alguén.

Alyson McGregor: Por que a medicina ten con frecuencia efectos secundarios perigosos para as mulleres?

TEDxProvidence

Alyson McGregor: Por que a medicina ten con frecuencia efectos secundarios perigosos para as mulleres?
1,594,282 views

Durante a maior parte do século pasado, os medicamentos autorizados e comercializados probáronse só en doentes masculinos, o que supuxo que as doses non foran apropiadas e provocaran efectos secundarios nas mulleres. As importantes diferenzas fisiolóxicas entre homes e mulleres só se tiveron en conta na investigación médica recentemente. A médica de urxencias Alyson McGregor estuda esas diferenzas, e nesta fascinante charla expón a historia de como o modelo masculino se converteu na referencia para a investigación médica, e como entender as diferenzas entre homes e mulleres pode xerar tratamentos máis efectivos para ambos os sexos.

Sandrine Thuret: Pódenche medrar novas neuronas. Aquí tes como.

TED@BCG London

Sandrine Thuret: Pódenche medrar novas neuronas. Aquí tes como.
7,962,651 views

É posible que nos adultos medren novas neuronas? A neurocientífica Sandrine Thuret afirma que é posible, e presenta datos de investigación e consellos prácticos sobre como podemos axudar ao noso cerebro na neuroxénese, mellorar o estado de ánimo, aumentar a formación de memorias e previr o declive asociado coa idade.

Emilie Wapnick: Por que algúns non temos unha vocación?

TEDxBend

Emilie Wapnick: Por que algúns non temos unha vocación?
6,976,105 views

Que queres ser de maior? Ben, se non sabes de certo de querer ser unha soa cousa para o resto da túa vida, non es o único. Nesta iluminadora charla, a escritora e artista Emilie Wapnick describe a clase de persoas que ela chama "multipotenciais", aqueles que teñen variados intereses e traballos ao longo da súa vida. Es unha delas?

Samuel Cohen: O alzhéimer non é o envellecemento normal, e podémolo curar

TED@BCG London

Samuel Cohen: O alzhéimer non é o envellecemento normal, e podémolo curar
2,376,932 views

Hai máis de 40 millóns de enfermos de alzhéimer no mundo, e estímase que nos vindeiros anos esa cifra vai aumentar de forma drástica. Porén, apenas se levan producido verdadeiros avances no tratamento desta enfermidade desde que se identificou hai xa máis dun século. O científico Samuel Cohen presenta un importante paso adiante dado polo seu laboratorio na investigación sobre o alzhéimer e envía unha mensaxe de esperanza: "O alzhéimer é unha enfermidade, e podémola curar".

Sakena Yacoobi: Como evitei que os talibáns pechasen a miña escola

TEDWomen 2015

Sakena Yacoobi: Como evitei que os talibáns pechasen a miña escola
1,497,714 views

Cando os Talibáns pecharon todas as escolas para rapazas de Afganistán, Sakena Yacoobi instalou novas escolas, en segredo, para educar a milleiros de mulleres e homes. Nesta charla, intensa e divertida, conta a sorprendente historia das dúas veces nas que a ameazaron para que deixase de ensinar. Ademais comparte a súa visión sobre como reconstruír o seu amado país.

BJ Miller: O que realmente importa ao final da vida

TED2015

BJ Miller: O que realmente importa ao final da vida
10,470,704 views

Ao final das nosas vidas, que é o que máis desexamos? Moitos, sinxelamente: comodidade, respecto, amor. BJ Miller é un doutor dun hospital de enfermos terminais que reflexiona en profundidade sobre como crear unha fin digna e agradable para os seus pacientes. Tómense o tempo de saborear esta emotiva charla, que fai grandes preguntas sobre o que pensamos sobre a vida e unha vida digna.

Wendy Freedman: Este novo telescopio pode amosarnos o comezo do Universo

TEDGlobal 2014

Wendy Freedman: Este novo telescopio pode amosarnos o comezo do Universo
1,448,439 views

Cando e como comezou o Universo? Un grupo de astrónomos de distintas partes do mundo quere responder a esta pregunta observando todo o lonxe no tempo que un novo e gran telescopio nos vai permitir. Wendy Freedman dirixiu a creación do Telescopio Xigante de Magalhães (GMT), que se está a construír en América do Sur. No TEDGlobal, en Río de Xaneiro, ela comparte unha audaz visión das descubertas que o GMT pode posibilitar en relación co noso Universo.

Dustil Yellin: Unha viaxe a través da mente dun artista

TED@NYC

Dustil Yellin: Unha viaxe a través da mente dun artista
2,167,163 views

Dustin Yellin crea fascinantes obras de arte que narran complexas historias inspiradas na mitoloxía. Como desenvolveu o seu estilo? Nesta engaiolante charla comparte con nós a viaxe dun artista --a partir dos 8 anos-- e o seu idiosincrático xeito de pensar e ver o mundo. Sigue o camiño que o dirixe ata o seu último e máis importante traballo (ou traballos).

Patience Mthunzi: ¿Pódese curar o VIH cun láser?

TED2015

Patience Mthunzi: ¿Pódese curar o VIH cun láser?
1,278,466 views

Tomar pílulas e un xeito cómodo, rápido e non sempre efectivo de tratar unha enfermidade. ¿Unha maneira potencialmente mellor? Láseres. Nesta apaixoada intervención, Patience Mthunzi explícanos a súa idea para dirixir as menciñas directamente ás células infectadas con VIH. Aínda é cedo pero, ¿podería haber unha cura no horizonte?

Alix Generous: Como aprendín a comunicar a miña vida interior con Asperger

TEDWomen 2015

Alix Generous: Como aprendín a comunicar a miña vida interior con Asperger
1,883,472 views

Alix Generous é unha muller nova cunha morea de ideas --galardoada en ciencia, axudou a desenvolver novas tecnoloxías e ten un gran sentido do humor (xa o veredes). E ten Asperger, un tipo de trastorno do espectro autista que pode afectar as habilidades sociais básicas necesarias para a comunicación, por iso traballou arduamente durante anos para aprender a compartir os seus pensamentos co mundo. Nesta divertida conversa persoal, comparte a súa historia --e a súa visión sobre as ferramentas que axudarán a que outras persoas comuniquen as súas grandes ideas.

eL Seed: Arte de rúa cunha mensaxe de paz e esperanza

TED2015

eL Seed: Arte de rúa cunha mensaxe de paz e esperanza
1,581,298 views

Nacido en Francia, fillo de pais tunisianos, a eL Seed encántalle facer malabares entre múltiples culturas, linguas e identidades. Tamén na súa obra, que introduce poesía árabe nun estilo inspirado na arte urbana e o graffiti. Nesta apaixonada charla, o artista, que tamén é Membro TED, describe a súa ambición central: crear arte tan fermosa que non requira tradución.

Salvatore Iaconesi: Que pasou cando fixen público o meu cáncer cerebral

TEDMED 2013

Salvatore Iaconesi: Que pasou cando fixen público o meu cáncer cerebral
1,178,915 views

Cando ao artista Salvatore Iaconesi lle diagnosticaron un cáncer cerebral, negouse a ser un paciente pasivo -o que para el significa "un que espera". Pirateou o seu escáner cerebral, colgouno na rede e invitou á comunidade global a apostar por unha "cura". Isto supuxo recomendacións médicas, pero tamén arte, música ou apoio emocional, de máis de medio millón de persoas.

Memory Banda: O berro dunha guerreira en contra do matrimonio infantil

TEDWomen 2015

Memory Banda: O berro dunha guerreira en contra do matrimonio infantil
1,355,672 views

A vida de Memory Banda tomou un camiño distinto ao da súa irmá. Cando a súa irmá acadou a súa puberdade foi enviada ao tradicional "campamento de iniciación" onde as mociñas son instruídas sobre "como satisfacer sexualmente a un home". Alí ficou preñada aos 11 anos. Banda, porén, negouse a ir. Mobilizou a outras e pediulle ao líder da comunidade que ditase unha lei que prohibise o matrimonio antes dos 18 anos. Agora elevou a súa petición ao nivel estatal... con resultados incríbeis para as mozas de todo Malawi

Maryn McKenna: Que facemos cando os antibióticos xa non funcionan?

TED2015

Maryn McKenna: Que facemos cando os antibióticos xa non funcionan?
1,800,584 views

A penicilina cambiouno todo. Infeccións que antes mataban, de súpeto podíanse curar con rapidez. Mais como explica Maryn McKenna nesta charla que invita á reflexión, estragamos as vantaxes que tanto este como os antibióticos posteriores nos proporcionaron. As bacterias resistentes ós medicamentos indican que estamos entrando na era postantibióticos -e non vai ser bonita. Hai, no entanto, cousas que podemos facer... se comezamos xa.

Steve Silberman: A historia esquecida do autismo

TED2015

Steve Silberman: A historia esquecida do autismo
1,699,224 views

Hai varias décadas, poucos pediatras escoitaran falar do autismo. En 1975, calculábase que 1 de cada 5000 nenos era autista. Hoxe, 1 de cada 68 está dentro do espectro autista. Que causou este aumento repentino? Steve Silberman sinala unha "tormenta perfecta da concienciación sobre o autismo": un par de doutoras que ofrecen unha visión máis comprensiva, un momento inesperado na cultura popular e un novo test clínico. Pero para comprendelo de verdade, temos que nos remontar ata o doutor austríaco Hans Asperger, quen en 1944 publicou un artigo pioneiro. Ao quedar soterrado no tempo, o autismo permaneceu como o grande incomprendido. (Esta charla forma parte dunha das sesións TED2015 organizadas pola Pop-Up Magazine: popupmagazine.com ou @popupmag en Twitter.)