TED Talks with Galician transcript

Ryan Holladay: Para escoitar esta música tes que estar alí, literalmente.

TED@BCG San Francisco

Ryan Holladay: Para escoitar esta música tes que estar alí, literalmente.
1,348,704 views

A industria musical ás veces forcexa para atopar o seu sitio na era dixital. Nesta agradable conferencia, o membro de TED Ryan Holladay cóntanos porque está a experimentar co que el chama "música que ten en conta a localización". Esta programación e produción musical inclúe centos de segmentos xeolocalizados de sons que só se poden reproducir cando o ouvinte está fisicamente preto. (grabado en TED@BCG)

Andrew Solomon: Depresión, o secreto que compartimos

TEDxMet

Andrew Solomon: Depresión, o secreto que compartimos
10,174,764 views

"O oposto á depresión non é a felicidade, senón a vitalidade, e era a vitalidade o que parecía fuxir de min naquel momento". Nunha conferencia a partes iguais elocuente e devastadora, o escritor Andrew Solomon lévate ás esquinas máis escuras da súa mente durante os anos que pelexou contra a depresión. Isto levouno a unha esclarecedora viaxe a través do mundo para entrevistar outras persoas con depresión e a descubrir, para a súa sorpresa, que canto máis falaba el, máis querían as outras persoas contar as súas propias historias. (Gravado en TEDxMet).

Stephen Cave: As 4 historias que nos contamos sobre a morte

TEDxBratislava

Stephen Cave: As 4 historias que nos contamos sobre a morte
2,486,724 views

O filósofo Stephen Cave comeza cunha pregunta escura pero atractiva: cando te deches conta por primeira vez de que ías morrer? E aínda máis interesante, como facemos os humanos para resistirnos á certeza da morte? Nunha conferencia fascinante, Cave explora catro historias, comúns en todas as civilizacións, que nos contamos a nós mesmos "co obxecto de axudarnos a xestionar o terror á morte"

Boyd Varty: O que aprendín de Nelson Mandela

TEDWomen 2013

Boyd Varty: O que aprendín de Nelson Mandela
1,730,475 views

"Na catedral da natureza, chegamos a ver reflexadas as mellores partes de nós mesmos." Boyd Varty, un activista da vida salvaxe, comparte historias de animais, humanos e a súa interrelación ou "ubuntu" -- definido como "Eu son grazas a tí." Dedica a charla ó líder Sudafricano Nelson Mandela, a encarnación de ese mesmo espírito xeneroso e de gran corazón.

Suzana Herculano-Houzel: Que ten de especial o cerebro humano?

TEDGlobal 2013

Suzana Herculano-Houzel: Que ten de especial o cerebro humano?
3,044,795 views

O cerebro humano é desconcertante. É estrañamente grande tendo en conta o tamaño do noso corpo, emprega unha cantidade tremenda de enerxía para o seu peso e ten un córtex cerebral singularmente denso. Pero, por que? A neurocientífica Suzana Herculano-Houzel pon a súa gorra de detective e guíanos neste misterio. Ao facer "sopa de cerebro" chega a unha conclusión sorprendente.

Janette Sadik-Khan: As rúas de Nova York? Xa non son tan perigosas.

TEDCity2.0

Janette Sadik-Khan: As rúas de Nova York? Xa non son tan perigosas.
1,003,733 views

'O traballo dun comisionado de transporte non vai só sobre sinais de stop ou de tráfico' , explícanos Janette Sadik-Khan, quen ocupou este cargo na cidade de Nova York no 2007. Nesta divertida e inspiradora charla, Janette detalla a maneira de pensar que hai detrás das iniciativas de éxito para cambiar a forma de vida nas rúas dos 5 distritos, incluíndo as novas áreas peonís en Times Square e a chegada de Citi Bikes. Atención á aparición especial ao final da charla.

Kelli Swazey: Vida que non remata coa morte

TEDMED 2013

Kelli Swazey: Vida que non remata coa morte
1,731,286 views

En Tana Toraja, as vodas e os nacementos non son as reunións sociais que manteñen a sociedade unida. Nesta parte de Indonesia, grandes, escandalosos funerais conforman o centro da vida social. A antropóloga Kelli Swazey bótalle un vistazo a esta cultura, na que os corpos dos familiares mortos son coidados hata anos despois de que morreran. Mentres isto soa raro para as sensibilidades occidentais, di ela, esta podería ser una reflexión máis real sobre o feito de que as relacións cós seres queridos non terminan simplemente cando termina a respiración. (Filmado en TEDMED)

Malcolm Gladwell: A descoñecida historia de David e Goliat.

TEDSalon NY2013

Malcolm Gladwell: A descoñecida historia de David e Goliat.
7,134,861 views

É un conto clásico sobre o perdedor esperado: David, un xove pastor armado só cun tirapedras, vence a Goliat, o poderoso guerreiro. A historia trascendeu os seus orixes bíblicos para converterse na escenografía común das vitorias improbables. Pero, Malcolm Gladwell pregunta, a historia de David e Goliat trata realmente sobre iso?

Andras Forgacs: Viste coiro e come carne sen matar animais

TEDGlobal 2013

Andras Forgacs: Viste coiro e come carne sen matar animais
1,315,256 views

Alá polo ano 2050, precisaremos 100 mil millóns de animais terrestres para que toda a poboación mundial poida abastecerse con produtos como carne, leite, ovos e coiro. Manter esta manda custaralle moi caro ao noso planeta. E se houbera outra maneira? Nesta conferencia sorprendente e esclarecedora, un defensor da enxeñería de tecidos, Andras Forgacs, preséntanos a biofabricación da carne e coiro como unha solución civilizada que deixará atrás a matanza dos animais para producir hamburguesas ou carteiras.

Kelly McGonigal: Como facer do estrés un amigo

TEDGlobal 2013

Kelly McGonigal: Como facer do estrés un amigo
22,520,850 views

Estrés. Fai que o corazón che palpite, a respiración se che acelere e que che súe a fronte. Con todo, aínda que se fixo do estrés un inimigo público da saúde, investigacións recentes suxiren que unicamente é malo para nós se cremos que realmente o é. A psicóloga Kelly McGonigal anímanos a ver o estrés de xeito positivo e preséntanos un mecanismo pouco coñecido para reducir o estrés: achegarse aos demais.

Suzanne Talhouk: ¿Quen di que falando en árabe non se pode ser "moderno"?

TEDxBeirut

Suzanne Talhouk: ¿Quen di que falando en árabe non se pode ser "moderno"?
1,438,887 views

Nesta charla, Suzanne Talhouk, presidenta de Feil Amer [unha asociación que promove o uso do árabe entre a mocidade libanesa], demanda iniciativas para revitalizar esa lingua, modernizándoa e usándoa como medio de expresión creativa. A súa intervención pon o foco na recuperación da identidade da poboación arabefalante, e en liberarse do seu complexo de inferioridade.

John Searle: A nosa condición en común - a consciencia

TEDxCERN

John Searle: A nosa condición en común - a consciencia
1,460,625 views

O filósofo John Searle expón os motivos para estudar a consciencia humana —e unha tras outra derriba as obxeccións máis comúns que impiden tomala en serio. Ao aprendermos máis sobre os procesos cerebrais que producen a consciencia, é un paso importante aceptarmos que a consciencia é un fenómeno biolóxico. E non, di Searle, a consciencia non é unha enorme simulación de ordenador.

Jack Andraka: Un prometedor test para diagnosticar o cancro de páncreas... feito por un adolescente

TED2013

Jack Andraka: Un prometedor test para diagnosticar o cancro de páncreas... feito por un adolescente
4,827,010 views

Máis do 85% dos cancros de páncreas teñen diagnósticos tardíos, cando a porcentaxe de supervivencia é inferior ao 2%. Como é posible? Jack Andraka fálanos sobre como desenvolveu un prometedor test para a detección temperá do cancro pancreático que é moi barato, efectivo e non invasivo -- e todo isto antes de facer os 16 anos.

Eric X. Li: Unha historia de dous sistemas políticos

TEDGlobal 2013

Eric X. Li: Unha historia de dous sistemas políticos
2,924,150 views

É unha suposición estándar en Occidente: conforme unha sociedade progresa, ao final convertése nunha democracia pluripartidista e capitalista. Non si? Eric X. Li, un investidor chinés e politólogo, discrepa. Nesta charla provocativa e forzando os límites, pídelle ao público que considere que hai máis dunha forma de gobernar con éxito unha nación moderna.

Peter Attia: Oculta a epidemia de obesidade un problema maior?

TEDMED 2013

Peter Attia: Oculta a epidemia de obesidade un problema maior?
4,258,278 views

Cando aínda era un cirurxián moi novo, Peter Attia sentíu desprezo por unha paciente diabética. O sobrepeso da paciente levouno a considerala responsable de que houbese que amputarlle un pé. Anos máis tarde, Attia recibíu unha desagradable sorpresa médica que o fixo pensar: Estaremos entendendo correctamente a diabetes? Será posible que sexan os precursores da diabetes os que causen a obesidade e non ao revés? Nesta charla reflexiona sobre a posibilidade de que as nosas ideas preconcibidas nos estean levando a librar a batalla médica equivocada.

Ken Robinson: Como fuxir do Val da Morte educativo

TED Talks Education

Ken Robinson: Como fuxir do Val da Morte educativo
9,881,283 views

Sir Ken Robinson salienta tres principios cruciais para o florecemento da mente humana e a forma en que a cultura educativa actual se enfronta a eles. Nunha charla divertida e emocionante explícanos como fuxir do "val da morte" educativo ao que agora nos enfrontamos. e como nutrir as nosas xeracións máis mozas cun clima de posibilidades.

Aprende a ler chinés ... con facilidade!

TED2013

Aprende a ler chinés ... con facilidade!
4,781,742 views

Para os estranxeiros aprender a falar chinés é unha difícil tarefa. Mais aprendermos a ler os bonitos, a miúdo complexos ideogramas do chinés escrito pode ter menos dificulade. ShaoLan durante unha simple lección axudanos a recoñecer as ideas que hai detrás de cada ideograma e o seu significado -- construíndoos desde as súas formas máis simples até os conceptos máis complexos. Ela chámao: Chineasy

Dan Ariely: Dan Ariely: Que nos fai sentir ben co noso traballo?

TEDxRiodelaPlata

Dan Ariely: Dan Ariely: Que nos fai sentir ben co noso traballo?
6,508,994 views

Que nos motiva para traballar? Contrariamente á sabedoría popular, non son só os cartos. Tampouco é exactamente unha cuestión de pracer. Semella que a meirande parte de nós traballamos movidos por facer progresos constantes e por un sentimento de propósito. O economista condutista Dan Ariely presenta dous experimentos reveladores sobre as nosas actitudes, inesperadas e cheas de matices, con respecto ao significado do noso traballo. (Filmado en TEDxRiodelaPlata.)

Francis Collins: Precisamos mellores fármacos.

TEDMED 2012

Francis Collins: Precisamos mellores fármacos.
898,302 views

Hoxe en día coñecemos a causa molecular de 4.000 enfermidades, pero só hai tratamentos dispoñibles para 250. Que está levando tanto tempo? O xenetista e médico Francis Collins explica por que o descubrimento sistemático de fármacos é imperativo, incluso para enfermidades raras e complexas, e ofrece solucións, como ensinarlles novos trucos a vellos fármacos.

Shane Koyczan: Ata hoxe... para os acosados e fermosos

TED2013

Shane Koyczan: Ata hoxe... para os acosados e fermosos
6,792,663 views

Por veces hilarante e por veces asombroso, o poeta Shane Koyczan pon o dedo na dor que é ser novo e... diferente. "To This Day", o seu poema de palabras sobre intimidación, cativou a millóns coma un vídeo viral (creado, en colaboración aberta, por 80 animadores). Aquí, fai unha presentación gloriosa, en directo, con imaxes de fondo e acompañado ao violín por Hannah Epperson.

Richard Weller: Pode o sol ser bo para o teu corazón?

TEDxGlasgow

Richard Weller: Pode o sol ser bo para o teu corazón?
1,175,703 views

Os nosos corpos reciben vitamina D do sol, pero como suxire o dermatólogo Richard Weller, a luz solar pode producir tamén outro beneficio sorprendente. Novas investigacións do seu equipo amosan que o óxido nítrico, un transmisor químico almacenado en grandes reservas na pel, pode ser liberado grazas á luz ultravioleta, producindo grandes beneficios na presión sanguínea e no sistema cardiovascular. Que significa isto? Pois podería chegar a explicar por que os escoceses enferman máis que os australianos...

Molly Crockett: Alerta coas neuroparvadas

TEDSalon London Fall 2012

Molly Crockett: Alerta coas neuroparvadas
1,295,218 views

O cerebro aparece na publicidade por todas partes. Os titulares proclaman que os bocadillos de queixo axudan a tomar decisións, hai unha "neurobebida" que afirma reducir o estrés. Só hai un problema, segundo a neurocientífica Molly Crocket: os beneficios destes "neuropotenciadores" non están cientificamente probados. No cerne da súa charla, Crockett explica os límites da interpretación dos datos científicos e por que debemos ser conscientes deles.

Nina Tandon: Podería a enxeñería de tecidos dar lugar á medicina personalizada?

TEDGlobal 2012

Nina Tandon: Podería a enxeñería de tecidos dar lugar á medicina personalizada?
1,204,216 views

Cada un dos nosos corpos é único, o que é un pensamento fermoso ata que falamos de tratar enfermidades --cando cada corpo reacciona de maneira diferente, a miúdo de xeito impredecible, a un tratamento estándar. A enxeñeira de tecidos Nina Tandon fálanos dunha posible solución: empregarmos células nai pluripotentes para facer modelos personalizados de órganos, onde probar novos fármacos e tratamentos, e almacenármolos en chips. (Chámase medicina extremadamente personalizada.)

Daphne Bavelier: Videoxogos e cerebro

TEDxCHUV

Daphne Bavelier: Videoxogos e cerebro
7,326,863 views

Como afectan os videoxogos de acción ao cerebro? Entramos no laboratorio con Daphne Bavelier, neurocientífica cognitiva, para descubrir cousas sorprendentes sobre como os videoxogos, mesmo os de acción e tiros, poden axudarnos a aprender, a centrar a atención e mesmo a facer varias cousas a un tempo. (Filmado por TEDxCHUV.)

Faith Jegede: O que aprendín dos meus irmáns autistas

TED@London

Faith Jegede: O que aprendín dos meus irmáns autistas
1,325,374 views

Faith Jegede conta a conmovedora e divertida historia de criarse cos seus dous irmáns: ambos os dous autistas, ambos os dous extraordinarios. Na súa charla no TED Talent Search, recórdanos que debemos loitar por unha vida que vaia máis alá do que se considera normal.

Melissa Marshall: Fálenme con sinxeleza

TEDGlobal 2012

Melissa Marshall: Fálenme con sinxeleza
2,462,860 views

Melissa Marshall trae unha mensaxe para todos os científicos (de parte dos non científicos): Estamos fascinados polo que estás facendo. Cóntanos sobre iso, dun xeito que o poidamos entender. En só 4 minutos, comparte potentes consellos para presentar ideas científicas complexas a un público xeral.

Amy Cuddy: A linguaxe corporal determina quen somos

TEDGlobal 2012

Amy Cuddy: A linguaxe corporal determina quen somos
56,233,256 views

A linguaxe corporal inflúe en como nos ven os demais pero tamén pode cambiar o xeito no que nos vemos a nós mesmos. A psicóloga social Amy Cuddy amosa como adoptar "posturas de poder" (manter unha postura de seguridade aínda que non nos sintamos seguros) pode influír nos niveis de testosterona e cortisol do cerebro e pode ter impacto nas nosas posibilidades de éxito.

Sarah-Jayne Blakemore: Os misteriosos mecanismos do cerebro adolescente

TEDGlobal 2012

Sarah-Jayne Blakemore: Os misteriosos mecanismos do cerebro adolescente
3,041,951 views

Por que os adolescentes parecen ser máis impulsivos e ter menos conciencia de si mesmos ca os adultos? A neurocientífica cognitiva Sarah-Jayne Blakermore compara o córtex prefrontal de adolescentes e adultos, para mostrarnos como o crecemento e desenvolvemento cerebral dan conta da típica conduta da "mocidade".

Vikram Patel: Saúde mental para todos involucrando a todos

TEDGlobal 2012

Vikram Patel: Saúde mental para todos involucrando a todos
1,103,181 views

Aproximadamente 450 millóns de persoas están afectadas por enfermidades mentais no mundo. Nos paises ricos, tan só a mitade reciben os coidados apropiados, pero nos paises en desenvolvemento, cerca do 90 por cento non reciben tratamento debido á escaseza de psiquiatras. Vikram Patel esboza un enfoque moi prometedor: a formación de membros nas comunidades para que realicen intervencións de saúde mental, capacitando a persoas sen estudos para que presten coidados a outras persoas da comunidade.