TED Talks with Galician transcript

Daphne Koller: O que estamos aprendendo da educación en liña

TEDGlobal 2012

Daphne Koller: O que estamos aprendendo da educación en liña
2,603,043 views

Daphne Koller está convencendo as mellores universidades para que poñan os cursos máis interesantes en liña e de balde, non só como un servizo, senón tamén como un xeito de investigar a forma en que aprende a xente. Cada vez que se preme unha tecla, que se fai un test de comprensión, que se discute nun foro de compañeiros e que se autocorrixe unha tarefa acumúlase unha marea de datos sen precedentes sobre como se procesa o coñecemento e, máis importante, como se absorbe.

Baba Shiv: Ás veces é bo ceder o mando.

TEDxStanford

Baba Shiv: Ás veces é bo ceder o mando.
901,458 views

Ao longo dos anos, as investigacións revelaron unha característica ilóxica sobre a natureza humana: ás veces, ter demasiadas opcións fainos sentir peor. Isto incluso pode aplicarse no tocante a tratamentos médicos. Baba Shiv fala sobre un estudo que mide como as eleccións nos levan á dúbida, e suxire que ceder o mando é a mellor opción, especialmente en cuestións de vida ou morte.

Alanna Shaikh: Como me estou a preparar para ter Alzheimer.

TEDGlobal 2012

Alanna Shaikh: Como me estou a preparar para ter Alzheimer.
1,629,194 views

Cando temos un pai que sofre Alzheimer, a maioría de nós responde con negación ("Non me vai pasar a min") ou facemos esforzos extremos na súa prevención. Pero o experto en saúde global e a TED Fellow Alanna Shaikh ven isto de forma diferente. Alanna está seguindo tres pasos para estar preparada cando chegue o momento -- se é que chega--, cando o Alzheimer toque á súa porta.

Ivan Oransky: Estamos sobremedicados?

TEDMED 2012

Ivan Oransky: Estamos sobremedicados?
697,753 views

O editor de "Reuters Health" Ivan Oransky advírtenos de que estamos a sufrir unha epidemia preabsurdas enfermidades en estadios previos: prediabetes, precancro, e moitas máis. Nesta interesante charla de TEDMED, demóstranos como o mundo da atención médica pode mellorar... aprendendo unha importante lección do béisbol.

Rebecca Onie: E se o noso sistema sanitario nos mantivese sans?

TEDMED 2012

Rebecca Onie: E se o noso sistema sanitario nos mantivese sans?
1,230,915 views

Rebecca Onie formula preguntas audaces: E se as salas de espera fosen un lugar en que mellorar todos os días o noso sistema de saúde? E se os médicos puidesen receitar comida, casa ou calefacción no inverno? En TEDMED Rebecca presenta Health Leads, unha organización que fai exactamente iso, e faino construíndo un equipo de voluntarios como unha elite, dedicados como un equipo deportivo universitario.

Nancy Lublin: Nancy Lublin: as mensaxes de texto salvan vidas

TED2012

Nancy Lublin: Nancy Lublin: as mensaxes de texto salvan vidas
1,085,627 views

Cando Nancy Lublin e a súa organización comezaron a mandar mensaxes de texto para axudar aos adolescentes, descubriu algo sorprendente: os adolescentes comezaron a mandarlles mensaxes cos seus problemas, desde o abuso ata a depresión. Por iso, crearon unha liña de mensaxes de texto para tratar esas crisis, e o resultado foi mellor do esperado.

Frans de Waal: Moral behavior in animals

TEDxPeachtree

Frans de Waal: Moral behavior in animals
4,770,589 views

Empathy, cooperation, fairness and reciprocity -- caring about the well-being of others seems like a very human trait. But Frans de Waal shares some surprising videos of behavioral tests, on primates and other mammals, that show how many of these moral traits all of us share.

Frank Warren: medio millón de segredos

TED2012

Frank Warren: medio millón de segredos
3,303,010 views

"Os segredos poden acadar moitas formas: poden ser impactantes, parvos ou conmovedores". Frank Warren, o fundador de PostSecret.com, comparte algúns dos medio millón de segredos que xente descoñecida lle enviou en postais.

Taylor Wilson: Sí, construín un reactor de fusión nuclear.

TED2012

Taylor Wilson: Sí, construín un reactor de fusión nuclear.
3,637,296 views

Taylor Wilson cre que a fusión nuclear é a solución que o futuro enerxético necesita e que os rapaces poden cambiar o mundo. E él sabe bastante sobre estas dúas cousas: cando tiña 14 anos construíu un reactor de fusión que funcionaba no garaxe dos seus pais. Agora, con 17 anos, súbese ó escenario de TED para contar a versión resumida da súa historia.

Rob Reid: O iPod dos 8 mil millóns

TED2012

Rob Reid: O iPod dos 8 mil millóns
3,208,583 views

O autor cómico Rob Reif descúbrenos as matemáticas do copyright (TM), un destacable novo campo de estudio baseafo nos números reais dados por avogados e lobistas da indsutria do entretemento.

Jennifer Pahlka: programando un goberno mellor

TED2012

Jennifer Pahlka: programando un goberno mellor
929,902 views

Poden funcionar os gobernos como Internet, de xeito aberto e sen permisos? A programadora e activista Jennifer Pahlka acha que si, e que as aplicacións creadas de forma rápida e barata teñen un gran potencial para conectar aos cidadáns cos seus gobernos... e veciños.

Susan Cain: O poder dos introvertidos

TED2012

Susan Cain: O poder dos introvertidos
25,516,646 views

Nunha cultura onde ser sociable e extravertido se valora sobre todo o demais, pode ser difícil, mesmo vergonzoso, ser introvertido. Pero, como argumenta Susan Cain nesta apaixonada charla, as persoas introvertidas achéganlle ao mundo extraordinarios talentos e habilidades, e deberían ser estimuladas e celebradas.

Chris Bliss: A comedia é tradución.

TEDxRainier

Chris Bliss: A comedia é tradución.
764,430 views

Cada acto de comunicación é, dalgunha maneira, un acto de tradución. Desde o escenario da TEDxRainier, o escritor Chris Bliss refelexiona sobre a maneira na que a boa comedia, en particular, pode traducir verdades profundas a un público masivo.

Garth Lenz: Garth Lenz: O verdadeiro custo do petróleo

TEDxVictoria

Garth Lenz: Garth Lenz: O verdadeiro custo do petróleo
847,645 views

A que se parece realmente a devastación ambiental? En TEDxVictoria, o fotógrafo Garth Lenz comparte impactantes fotografías do proxecto de explotación mineira de areas de alcatrán de Alberta e dos fermosos (e vitais) ecosistemas baixo ameaza. (Filmado en TEDxVictoria)

Erik Johansson: Fotografía imposible

TEDSalon London Fall 2011

Erik Johansson: Fotografía imposible
4,175,147 views

Erik Johansson crea fotografías realistas de escenas imposibles; captura ideas, non momentos. Nestes consellos enxeñosos, o mago do Photoshop describe os principios que usa para dar vida a estes escenarios fantásticos, conseguindo mantelos visualmente plausibles.

Neil Burgess: Como che di o teu cerebro onde estás

TEDSalon London Spring 2011

Neil Burgess: Como che di o teu cerebro onde estás
1,458,267 views

Como lembramos onde aparcamos o coche? Como sabemos se nos movemos na dirección correcta? O neurocientífico Neil Burgess estuda os mecanismos neuronais que trazan o mapa do espazo que nos rodea e como se relacionan coa memoria e a imaxinación.

Nancy Duarte: A estrutura secreta das grandes charlas

TEDxEast

Nancy Duarte: A estrutura secreta das grandes charlas
2,423,996 views

Dende o discurso "Teño un soño" ata o lanzamento do iPhone de Steve Jobs, moitas grandes charlas teñen unha estrutura común que axuda a que a súa mensaxe provoque impacto en quen as escoita. Nesta charla, a experta en presentacións, Nancy Duarte comparte leccións prácticas sobre como facer un poderoso chamamento á acción.

Shawn Achor: o feliz secreto para traballar mellor

TEDxBloomington

Shawn Achor: o feliz secreto para traballar mellor
21,573,773 views

Cremos que hai que traballar para ser felices, pero podería ser ó revés? Nesta dinámica e entretida charla de TEDxBloomington, o psicólogo Shawn Achor afirma que en realidade a felicidade estimula a productividade.

A.J. Jacobs: Como a vida sa case me mata.

TEDMED 2011

A.J. Jacobs: Como a vida sa case me mata.
2,005,709 views

Durante un ano, A.J. Jacobs seguiu todos os consellos de vida sa que puido; desde poñerse crema solar ata levar un casco de bicicleta mentres vai de compras. No esceario de TEDMED, comparte as cousas sorprendentes que aprendeu.

Antonio Damasio: Na busca de entender a consciencia

TED2011

Antonio Damasio: Na busca de entender a consciencia
2,124,061 views

Cada mañá cando despertamos notamos a volta da nosa conciencia -un feito marabilloso-, pero que é exactamente o que recobramos? O neurocientífico Antonio Damasio emprega esta simple dúbida para darnos unha idea de como os nosos cerebros crean esa sensación de identidade.

Stefon Harris: non existen os erros no coreto

TEDSalon NY2011

Stefon Harris: non existen os erros no coreto
769,694 views

Que é un erro? Explicándonolo a través de exemplos xunto co seu cuarteto de jazz, Stefon Harris guíanos cara unha gran verdade: moitas accións son percibidas coma erros só porque non sabemos reaccionar axeitadamente.

Karen Tse: Como rematar coa tortura

TEDGlobal 2011

Karen Tse: Como rematar coa tortura
599,891 views

Os presos políticos non son os únicos torturados: a meirande parte das torturas xudiciais ocorren en casos ordinarios, mesmo en sistemas legais "en funcionamento". A activista social Karen Tse móstranos como podemos e deberiamos defender e rematar co uso da tortura como procedemento rutinario.

Damon Horowitz: Filosofía no cárcere

TED2011

Damon Horowitz: Filosofía no cárcere
1,417,089 views

Damon Horowitz ensina filosofía mediante o Proxecto Universitario do Cárcere, levando clases de nivel universitario a presos do cárcere estatal de San Quentin. Nesta pequena e convincente charla, conta a historia dun encontro co ben o e mal que axiña se fai persoal.

Britta Riley: un xardín no meu apartamento

TEDxManhattan

Britta Riley: un xardín no meu apartamento
2,448,701 views

Britta Riley quería cultivar os seus propios alimentos (no seu pequeno apartamento), así que cos seus amigos desenvolveu un sistema de cultivo de plantas en botellas desbotadas de plástico. Fíxoo investigando, probando e tanteando o sistema co uso dos medios de comunicación social, experimentando con moitas alternativas ao mesmo tempo e chegando rapidamente ao sistema óptimo. Chamouno bricolaxe distribuido. E os resultados: deliciosos.

Joe Sabia: A tecnoloxía da narración

Full Spectrum Auditions

Joe Sabia: A tecnoloxía da narración
1,352,099 views

O contacontos iPad Joe Sabia preséntanos a Lothar Meggendorfer, un inventor que, no século pasado, desenvolveu unha tecnoloxía ousada para contar historias: o libro despregable. Sabia mostra como a tecnoloxía sempre nos axudou a contar as nosas propias historias, dende as paredes das cavernas ata o iPad que ten nas súas mans.

Péter Fankhauser: Coñece a Rezero, o bólabot que baila.

TEDGlobal 2011

Péter Fankhauser: Coñece a Rezero, o bólabot que baila.
599,850 views

No escenario de TEDGlobal, Péter Fankhauser presenta a Rezero, un robot que se sostén sobre unha bóla. Deseñado e construido por un grupo de estudantes de enxeñaría, Rezero é o primeiro bólabot feito para moverse rapidamente e con gracia...e mesmo bailar.