TED Talks with Galician transcript

Cynthia Kenyon: Experimentos que suxiren vidas lonxevas

TEDGlobal 2011

Cynthia Kenyon: Experimentos que suxiren vidas lonxevas
1,030,469 views

Que é o que controla o envellecemento? A bioquímica Cynthia Kenyon atopou unha simple mutación xenética que pode duplicar o tempo de vida dun simple verme, C. elegans. As leccións dese descubrimento, e outros, sinalan a como algún día poderiamos alongar significativamente a vida humana xuvenil.

Charlie Todd: A experiencia compartida do absurdo

TEDxBloomington

Charlie Todd: A experiencia compartida do absurdo
3,155,979 views

Charlie Todd provoca escenas públicas estrañas, graciosas e inesperadas. Setenta bailaríns sincronizados en ventás dun escaparate, "cazapantasmas" correndo pola Biblioteca Pública de Nova Iorque, ademais da Ruta Anual en Metro sen Pantalóns. En TEDxBloomington mostra como o seu grupo, Improv Everywhere, utiliza estas escenas para unir á xente.

Aparna Rao: Arte de alta tecnoloxía (cun toque de humor)

TEDGlobal 2011

Aparna Rao: Arte de alta tecnoloxía (cun toque de humor)
951,514 views

A artista e compañeira de TED, Aparna Rao, reinventa o coñecido de xeito divertido e sorprendente. Co seu colaborador, Soren Pors, Rao crea aparellos artísticos de alta tecnoloxía: unha máquina de escribir que manda correos electrónicos, unha cámara que che segue pola habitación para facerche invisible na pantalla. Isto dálle un efecto xoguetón ás interaccións e obxectos ordinarios.

Jay Bradner: Investigación para o cancro de código aberto.

TEDxBoston 2011

Jay Bradner: Investigación para o cancro de código aberto.
594,023 views

Como sabe o cancro que é cancro? No laboratorio de Jay Bradner atoparon unha molécula que podería respostar a isto, a JQ1. Pero en troques de patentala, publicaron os seus achados e enviaron mostras a outros 40 laboratorios para que puidesen traballar con ela. Unha ollada inspiradora sobre a futura investigación médica en base ao código-aberto.

Richard Wilkinson: Como as desigualdades danan as sociedades

TEDGlobal 2011

Richard Wilkinson: Como as desigualdades danan as sociedades
3,198,950 views

Todos percibimos que ás sociedades con maior desigualdade vailles peor. Richard Wilkinson describe datos duros sobre desigualdade económica, e mostra como isto produce as peores consecuencias cando ricos e pobres están máis distantes: efectos reais sobre a saúde, e mesmo sobre valores tan básicos como a confianza.

Alison Gopkin. Que pensan os bebés?

TEDGlobal 2011

Alison Gopkin. Que pensan os bebés?
4,341,974 views

A psicóloga Alison Gopnik di: "Os bebés e os nenos pequenos son coma o departamento de I+D da especie humana". O seu estudo explora os sofisticados procesos de recolección de datos e toma de decisións que levan a cabo os bebés cando xogan.

Mike Biddle: O plástico pódese reciclar

TEDGlobal 2011

Mike Biddle: O plástico pódese reciclar
1,175,569 views

Recíclase menos do 10% dos residuos plásticos (comparado co case 90% dos metais) a causa do moi complicado problema de atopar e clasificar os diferentes tipos. Frustrado por este desperdicio, Mike Biddle desenvolveu unha planta económica e enerxeticamente eficiente que pode reciclar calquer tipo de plástico.

Graham Hill: Menos cousas, máis felicidade

TED2011

Graham Hill: Menos cousas, máis felicidade
4,988,747 views

O escritor e deseñador Graham Hill pregunta: Podemos ter menos cousas, en menos espacio, e ter mais felicidade? El conségueo empregando menos espacio, e expón tres regras para correxir a túa vida.

Ben Goldacre: Combater a mala ciencia

TEDGlobal 2011

Ben Goldacre: Combater a mala ciencia
2,713,579 views

Todos os días aparecen noticias con novas recomendacións sobre saúde, pero como podemos saber se son correctas? O doutor e epidemiólogo Ben Goldacre amósanos, a alta velocidade, as formas en que a evidencia se pode distorsionar, desde as afirmacións máis obvias sobre a nutrición ata os trucos máis sutís da industria farmacéutica.

Lauren Zalaznick: a consciencia da televisión

TEDWomen 2010

Lauren Zalaznick: a consciencia da televisión
788,675 views

A executiva da televisión, Lauren Zalaznick, ofrece unha visión profunda sobor a televisión popular. Partilla os resultados dun estudo que dá pistas sobre as actitudes contrarias aos índices de televisión durante cinco décadas, amósase a favor de que a televisión reflicte quen somos de verdad... en formas que non esperabamos.

¡Contratemos aos hackers!

TEDGlobal 2011

¡Contratemos aos hackers!
1,438,902 views

A pesar dos miles de millóns de dólares invertidos na seguridade cibernética, un dos principais problemas foi totalmente ignorado: ¿quen son as persoas que escriben o código malicioso? O investigador do inframundo Misha Glenny retrata varios dos codificadores culpables de todo o mundo e chega a unha conclusión sorprendente.

Jessica Green: Estamos a filtrar os microbios equivocados?

TEDGlobal 2011

Jessica Green: Estamos a filtrar os microbios equivocados?
639,339 views

Deberiamos manter o aire libre fóra dos hospitais? Jessica Green, ecoloxista e socia de TED, descubriou que a ventilación mecánica desfaise de moitos tipos de microbios, pero do tipo incorrecto: é mais probable que os que quedan no hospital sexan patóxenos.

Mark Pagel: Como as linguas transformaron a humanidade

TEDGlobal 2011

Mark Pagel: Como as linguas transformaron a humanidade
1,708,914 views

Biologist Mark Pagel comparte unha intrigante teoría sobre a razon pola que evolucionou o complexo sistema da lingua nos seres humanos. El suxire que a linguaxe é unha peza de "tecnoloxía social" que permitiu as primeiras tribus humanas acceder a unha nova e poderosa ferramenta: a coperación.

Julian Treasure: 5 maneiras de escoitar mellor

TEDGlobal 2011

Julian Treasure: 5 maneiras de escoitar mellor
8,060,876 views

Nun mundo cada vez máis ruidoso, o experto en son Julian Treasure di que "estamos a perde-la capacidade de escoitar". Nesta charla breve e fascinante, Treasure fala de cinco maneiras de reafinar o oído para escoitar de modo consciente outras persoas e o mundo ao noso redor.

Matt Cutts: Proba algo novo durante 30 días

TED2011

Matt Cutts: Proba algo novo durante 30 días
12,215,040 views

Hai algo que sempre quixeches facer pero... simplemente non foi posible? Matt Cutts suxire: próbao durante 30 días. Esta charla breve e informal presenta unha enxeñosa forma de pensar sobre como fixar e conseguir obxectivos.

Jack Horner: crear un dinosauro a partires dun polo

TED2011

Jack Horner: crear un dinosauro a partires dun polo
3,387,976 views

O famoso paleontólogo Jack Horner pasou a súa carreira tentando reconstruir un dinosauro. Ten atopado fósiles con vasos sanguíneos extraordinariamente ben conservados, e tecidos moles, mais nunca ADN intacto. Por iso, nun novo enfoque, está tomando descendentes vivos dos dinosauros (os polos) e modificándoos xenéticamente para reactivar trazos ancestrais -incluíndo dentes,colas, e mesmo mans- para facer un "Polosaurus".

Dennis Hong: Construindo un coche para conductores cegos

TED2011

Dennis Hong: Construindo un coche para conductores cegos
923,134 views

Mediante o uso de robótica, laser telemétricos, GPS e ferramentas intelixentes de retroalimentación, Dennis Hoing está a construír un coche para invidentes. Isto non é o coche que se conduce só, sinala el coidadosamente, é un coche no que o condutor invidente pode escoller a velocidade, proximidade e ruta e conducir de forma independente.

Elliot Krane: O misterio da dor crónica

TED2011

Elliot Krane: O misterio da dor crónica
2,012,954 views

Pensamos na dor como un síntoma, pero hai casos nos que o sistema nervioso desenvolve ciclos de retroalimentación e dor que se converten nunha terrible enfermidade por si mesma. A partir da historia dunha moza cuxa torcedura de pulso se converteu nun pesadelo, Elliot Krane fala sobre o complexo misterio da dor crónica e analiza os feitos que apenas estamos aprendendo acerca do seu funcionamento e tratamento.

Ed Boyden: Un interruptor para neuronas

TED2011

Ed Boyden: Un interruptor para neuronas
1,098,379 views

Ed Boyden amósamos como, inserindo xenes con proteínas sensibles á luz en células cerebrais, pode activar ou desactivar selectivamente neuronas específicas con implantes de fibra óptica. Con este nivel de control sen precedentes, é capaz de curar ratos con trastornos similares ao estrés postraumático e certas formas de cegueira. No horizonte: próteses neurais. O presentador da sesión, Juan Enríquez, lidera unha breve charla final de preguntas e respostas.

Paul Nicklen: Contos do país das marabillas rodeado polo xeo

TED2011

Paul Nicklen: Contos do país das marabillas rodeado polo xeo
2,430,095 views

Mergullándose baixo o xeo antártico para achegarse á temible foca leopardo (ou leopardo mariño), o fotógrafo Paul Nicklen atopou unha nova e extraordinaria amiga. Comparte a súas graciosas e apaixoadas historias do país polar das marabillas, ilustradas con prodixiosas imaxes de animais que viven sobre e baixo o xeo.

Patricia Ryan: ¡Que teima co inglés!

TEDxDubai

Patricia Ryan: ¡Que teima co inglés!
2,138,668 views

En TEDxDubai, Patricia Ryan, profesora de inglés dende hai moitos anos, fai unha pregunta con ánimo de provocar: E se a preponderancia que o mundo lle dá ao inglés impide que se estendan ideas noutras linguas? (P.ex. Que ocorrería se Einstein tivera que aprobar o TOEFL?). É unha apaixoada defensa da tradución e do intercambio de ideas.

Hans Rosling e a lavadora máxica

TEDWomen 2010

Hans Rosling e a lavadora máxica
2,973,428 views

Cal foi o maior invento da revolución industrial? Hans Rosling defende que foi a lavadora. Con novos gráficos de Gapminder, Rosling amósanos a maxia que aparece cando o crecemento económico e a electricidade convirten un día aburrido de lavado nun dia intelectual de lectura.

Rob Harmon: Como pode manter o mercado os regatos correndo?

TEDxRainier

Rob Harmon: Como pode manter o mercado os regatos correndo?
665,582 views

Cos regatos e ríos secando por causa da sobreexplotación, Rob Harmon implementou un enxeñoso mecanismo de mercado para recuperar a auga daqueles. Os agricultores e as compañías cervexeiras atopan os seus destinos entrenzados nesta intrigante historia centenaria de Prickly Pear Creek.

Deb Roy: o nacemento dunha palabra

TED2011

Deb Roy: o nacemento dunha palabra
2,809,941 views

O investigador do MIT, Deb Roy, quería entender como aprendía a falar o seu fillo. Entón, cableou a súa casa con cámaras para capturar cada momento (con excepcións) da vida do seu fillo. Despois, analizou 90.000 horas de vídeo doméstico para ver como "gaaa" se transformaba lentamente en "auga" (water). Unha investigación sorprendente, cunha gran cantidade de datos e profundas consecuencias para o camiño da aprendizaxe.

JR, o desexo do gañador do Premio TED: Poñer o mundo do revés

TED2011

JR, o desexo do gañador do Premio TED: Poñer o mundo do revés
3,222,478 views

JR, un semianónimo artista francés, usa a súa cámara para ensinar ao mundo a súa verdadeira cara a través da pega de fotos rostros humanos en xigantescos lenzos. No TED2011, el pide un deseso como gañador do Premio TED: poñer o mundo do revés. Descobre máis sobre o seu traballo e como podes unirte a insideoutproject.net

Patricia Kuhl: A xenialidade lingüística dos bebés

TEDxRainier

Patricia Kuhl: A xenialidade lingüística dos bebés
3,424,262 views

En TEDxRainier, Patricia Kuhl comparte importantes descubrimentos sobre a forma en que os bebés aprenden unha lingua por encima doutras: escoitando ás persoas que os rodean e "calculando estatísticas" dos sons que necesitan coñecer. Experimentos de laboratorio (e escáneres cerebrais) amosan como os bebés de 6 meses usan razoamentos complexos para comprender o seu mundo.

Amber Case: Agora todos somos ciborgs

TEDWomen 2010

Amber Case: Agora todos somos ciborgs
1,853,478 views

A tecnoloxía fainos evolucionar, di Amber Case, a medida que nos convertemos en homo sapiens mira-pantallas que pasan o tempo clicando botóns. Hoxe en día dependemos dos "cerebros externos" (os móbiles e as computadoras) para comunicarnos, recordar e mesmo para vivir vidas secundarias. Pero, en última instancia, estas máquinas poderán conectarnos ou dobregarnos? Amber Case ofrece unha visión sorprendente do noso "eu ciborg".